DEPORTES
O Campus Vero Boquete alcanza a súa IX edición
Santiago de Compostela acollerá por noveno ano consecutivo o Campus Vero Boquete, que se celebrará os días 26, 27 e 28 de decembro en instalacións municipais. Está dirixido a nenos e nenas con idades comprendidas entre os 4 e os 18 anos.
MEDIO AMBIENTE
Mila Castro valora de xeito positivo a selección das catro UTEs que pasan á segunda fase do proceso de diálogo competitivo para a construción da EDAR
A concelleira de Medio Ambiente, Mila Castro, valora dun xeito positivo a selección das catro empresas que na segunda fase do proceso de diálogo competitivo para a construción da EDAR da Silvouta deberán desenvolver as súas respectivas solucións preliminares nun proxecto que cumpra cos obxectivos marcados nas bases do procedemento: calidade de vertido, eficiencia enerxética, tratamento de cheirumes e ruído, solucións arquitectónicas funcionais, fiabilidade e flexibilidade na operación.
FESTAS
Concertos no Nadal en Compostela co programa "Jam de Barrio"
Dentro da programación de Nadal do Concello de Santiago, o programa Jam de Barrio ofrece catro concertos temáticos onde participarán oito proxectos musicais de Compostela, co ánimo de visibilizar o talento musical local, así como facer ver a forza e diversidade da escena musical da cidade e a súa comarca como territorio musical.
EDUCACIÓN
A Escola Municipal de Música celebra este venres o seu Festival de Nadal
Este venres 20 de decembro, ás 19:00 horas, o Teatro Principal acollerá o Festival de Nadal 2019 da Escola Municipal de Música. No concerto, as agrupacións e colectivos da EMM darán a coñecer o traballo desenvolvido ao longo destes meses.
CONSORCIO
A obra de adecuación da ala sur do conxunto de San Domingos de Bonaval para uso do Museo do Pobo Galego aposta pola xeotermia como forma de enerxía sostible
A obra de adecuación da ala sur do conxunto de San Domingos de Bonaval para uso do Museo do Pobo Galego, dirixida polo Consorcio de Santiago, xa leva varios meses en marcha. Nestes intres estase a avanzar nas sondaxes para a instalación da xeotermia, nunha importante aposta pola sostibilidade.
ACCIÓN CULTURAL
"Cuarenta erros e mitos", de David Quiñones, e "Fierros, a visión máis romántica do traxe", de José Luis Rodríguez, gañan a XXV edición do Premio Antonio Fraguas
O Salón Nobre do Pazo de Raxoi acolleu o acto de entrega do XXV Premio Antonio Fraguas de Investigación do Traxe Galego, presidido polo alcalde, Xosé Sánchez Bugallo. Nesta edición, o traballo gañador na modalidade analítica foi o titulado Cuarenta erros e mitos, de David Quiñones Vázquez, mentres que o premio na modalidade descritiva foi para Fierros, a visión máis romántica do traxe, de José Luis Rodríguez Álvarez.
FESTAS
Preto de 500 persoas farán posible unha Cabalgata de Reis chea de sorpresas
"Agasallando ilusións" é o lema escollido para unha nova edición da Cabalgata de Reis, que encherá de fantasía, personaxes de conto e moitas sorpresas a tarde do 5 de xaneiro. Preto de 500 persoas e 26 agrupacións artísticas participarán nun desfile dinámico e participativo que partirá como cada ano da estación de ferrocarril ás 17:30 horas. Repartiranse 1.400 quilos de caramelos sen glute.
ALCALDÍA
Un protocolo fixará en xaneiro a solución aos temas pendentes entre Concello e Universidade de Santiago
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, mantivo este martes unha xuntanza co reitor, Antonio López, na que tamén participaron o concelleiro de Relacións Institucionais e Turismo, Sindo Guinarte, e o xerente da USC, Xabier Ferreira. Da xuntanza, continuadora da comisión de coordinación Concello-USC posta en marcha hai uns meses, saíu a decisión de asinar un protocolo no mes de xaneiro no que se resolverán os temas pendentes entre ambas institucións en materia de regularización patrimonial,...
ALCALDÍA
Sánchez Bugallo recibiu a promotores da Peregrinación Europea de Xuventude
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e o concelleiro de Relacións Institucionais, Sindo Guinarte, reuníronse cos responsables da organización da Peregrinación Europea da Xuventude. Participaron Raúl Tinajero, encargado da Pastoral da Xuventude na Conferencia Episcopal Española, e Javier García, delegado diocesano da Xuventude.
TURISMO
"Manitas crocantes" (Casa dos Xacobes) e "Criollo marino" (O Ferro), gañadoras do XII Santiago(é)Tapas
O salón de actos do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) acolleu a gala de entrega de premios do XII Santiago(é)Tapas e do I Santiago(é)Cóctel. O acto foi conducido polo actor Federico Pérez, perante dunha nutrida representación da hostalaría compostelá. Tamén asistiron o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo; o concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte; e outros membros da Corporación municipal, así como a presidenta da Asociación Hostalaría Compostela, Sara Santos, e.../em>