EMPREGO

Emprego imparte máis de 1.800 horas de formación en tres novas accións

17/08/2012

A concelleira de Familia, Benestar Social, Muller e Emprego, deu conta do inicio de tres novas accións formativas, nas que se impartirán máis de 1.800 horas lectivas ata o mes de decembro. Trátase dos cursos denominados Montaxe e mantemento de instalacións solares e térmicas, Operacións de fontanería e calefacción-climatización e Xestión contable e xestión administrativa para auditoría.

Ler máis

PARQUES E XARDÍNS

O Concello realizará un estudio para avaliar o estado do arborado da praza de León

17/08/2012

A concelleira de Parques e Xardíns, María Castelao, achegouse ao barrio de Pontepedriña para comprobar in situ o estado do parque e do seu arborado, logo de que o pasado mércores o temporal que afectou á cidade provocase a caída dunha árbore cara a vía pública, sen que houbese que lamentar danos físicos ou materiais. O estudo, que será feito nun prazo de 10 días, permitirá coñecer polo miúdo o estado do arborado circundante á praza de León, e eliminar calquera risco...

Ler máis

TURISMO

Reparada a senda peonil do Camiño de Santiago entre A Esquipa e San Marcos

14/08/2012

A alcaldesa en funcións e concelleira de Turismo, Reyes Leis, e a secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, percorreron un treito do Camiño de Santiago (Camiño Francés) comprendido entre o Lugar do Pontillón, á marxe do río Lavacolla, ata San Marcos, co fin de comprobar de primeira man o estado das obras de rehabilitación levadas a cabo nesa área por parte da Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo dentro do termo municipal de Santiago de Compostela.

Ler máis

ECONOMÍA

A Concellaría de Economía, Comercio, Turismo e Mercados unifica os seus servizos web en torno ao CERSIA Empresa

13/08/2012

A concelleira de Economía, Reyes Leis, presentou a web www.cersiaempresa.org, web da Concellaría de Economía, Comercio, Turismo e Mercados que será a principal plataforma de intermediación e información para a cidadanía en materia de economía, comercio e mercados.A concelleira estivo acompañada da técnica responsable do servizo de Economía do Concello, Carme Casado. A nova web estará activa a partir do mércores 15.

Ler máis

ALCALDÍA

Recepción en Raxoi aos scouts españois

11/08/2012

A alcaldesa en funcións, Reyes Leis, e o concelleiro de Relacións Institucionais, Francisco Noya, recibiron en Raxoi os integrantes das distintas organizacións federadas de ASDE-Scouts de España que participan no Campamento Federal de Rovers, que nesta ocasión tiña como destino Santiago.

Ler máis

ECONOMÍA

Un novo curso toma o Camiño de Santiago como exemplo para a planificación dunha estratexia corporativa

10/08/2012

A concelleira de Economía, Reyes Leis, presentou o Curso de Planificación Estratéxica: Perseguindo unha meta. Da estratexia medieval ao éxito empresarial, que ten por obxectivo preparar aos asistentes en planificación estratéxica empresarial, axudándolles a porse obxectivos e metas así como a acadalos de xeito estruturado. O curso desenvólvese dentro do programa Santiago Investors Support, que ten por obxectivo contribuír á dinamización económica da cidade. A concelleira e alcaldesa en...

Ler máis

EDUCACIÓN

A rotación dos menús ou a promoción de hábitos saudables serán criterios valorables na adxudicación dos comedores escolares

09/08/2012

A concelleira de Educación, Rebeca Domínguez, informou en rolda de prensa das obras de reparación e mantemento que se están a realizar nos centros de primaria e escolas infantís, así como do procedemento para a contratación do servizo de comedor escolar. Ademais, recordou que están expostas as listas de admitidos na Escola Infantil de Salgueiriños.

Ler máis
Compartir: