TURISMO
Sindo Guinarte reúnese coa dirección da Asociación Hostalería Compostela
O concelleiro de Turismo e alcalde en funcións, Sindo Guinarte, reuniuse hoxe cunha representación da nova directiva da asociación Hostalería Compostela, encabezada polo seu presidente, Thor Rodríguez. Entre os asuntos tratados, figura, segundo sinalou Guinarte, o programa "Santiago (é) Tapas" que se vai manter e ao que se lle vai dar "máis pulo", no marco "das condicións sanitarias nas que sexa posible" desenvolvelo.
IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal de violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio pola muller de 60 anos asasinada este martes en Sevilla, vítima de violencia machista.
BARRIOS E OBRAS
Javier Fernández informa sobre as obras que se están acometendo na cidade, un total de 34, cun investimento superior aos dez millóns de euros
O responsable de Barrios e Obras, Javier Fernández, informou en rolda de prensa do estado de execución de distintas actuacións que se están realizando na cidade. Son un total de 34, cun investimento superior aos dez millónes de euros. Entre elas as da rúa de Concheiros, con "un axuste de prazos", debido, explicou, a distintos imprevistos que foron xurdindo, o máis destacado "un cambio de pluviais que non estaba contemplado". O concelleiro reiterou que "a nosa prioridade é a boa execución da obra".
DEPORTES
Mañá, 11 de agosto, ábrese o prazo para solicitar o uso das instalacións deportivas municipais
A partir de mañá, 11 de agosto, está aberto o prazo para solicitar o uso das instalacións deportivas municipais, despois de que a Xunta de Goberno Local aprobara as bases que regulan a súa utilización para adestramentos e outras actividades físicas durante a tempada 2021/22.
MOBILIDADE E SEGURIDADE CIDADÁ
O centro comercial das Cancelas acolle a exposición que conmemora os 25 anos da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Santiago
O Centro Comercial das Cancelas acolle, ata o 22 de agosto, a exposición que recolle as instantáneas máis salientables dos 25 anos de vida da Agrupación de Santiago. É o segundo espazo no que se mostra, despois da súa inauguración, o 1 de xullo, na Alameda de Santiago.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno Local aproba as bases da convocatoria de cesión de usos das instalacións deportivas
A Xunta de Goberno Local aprobou hoxe as bases reguladoras da convocatoria de cesión de usos das instalacións deportivas municipais para actividades deportivas (adestramentos) e actividades físicas durante a tempada 2021/22 que se publicarán mañá na web do concello. Dos acordos adoptados informou, en rolda de prensa, o alcalde en funcións, Sindo Guinarte.
ACCIÓN CULTURAL
A residencia Colapsoloxías despide esta semana mes e medio de experimentación colectiva arredor do son
O encontro Colapsoloxías, un espazo aberto ao intercambio e á investigación arredor son e das súas interseccións, chega esta semana á súa recta final. Promovido por Colapso Colectivo e concibido como unha residencia artística aberta á cidadanía, marcou a axenda cultural do verán con concertos, presentacións, paseos, e laboratorios de creación ideados para achegar unha nova forma de se relacionar coa paisaxe sonora de Compostela e aguilloar unha perspectiva crítica na escoita e na...
ALCALDÍA
O alcalde de Santiago participa na presentación da PEJ, que convertirá a Compostela en capital da xuventude en 2022
O alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, participou hoxe na presentación da Peregrinación Europea da Xuventude (PEJ) a Santiago de Compostela, que se celebrará do 3 ao 7 de agosto de 2022, xunto ao arcebispo de Santiago de Compostela, Julián Barrio; o bispo auxiliar de Valencia e presidente da Subcomisión Episcopal para a Mocidade e a Infancia da Conferencia Episcopal Española (CEE), Arturo Pablo Ros, e o vicepresidente primeiro da Xunta, Alfonso Rueda.
MEDIO RURAL
A Deputación destina 150.000 euros do Plan Único para dotar de abastecemento ao núcleo rural da Ponte Alvar
A Deputación da Coruña financia a través do Plan Único un proxecto valorado en 151.655,27 euros para dotar do servizo de abastecemento de auga potable ao núcleo da Ponte Alvar. A obra, que está a licitación no perfil do contratante do Concello de Santiago, acometeraa a concellaría de Medio Rural que dirixe José Manuel Pichel.
IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal de violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio pola muller de 36 anos asasinada en El Rincón de la Victoria, en Málaga, o pasado luns, vítima de violencia machista.