ALCALDÍA
Recepción ao alumnado do IES Rosalía premiado no Certame de Xóvenes Investigadores
O alcalde recibiu hoxe aos alumnos e alumnas do IES Rosalía de Castro que veñen de ser distinguidos no 30 Certame de Jóvenes Investigadores que organizan o Instituto de la Juventud, INJUVE, e o Ministerio de Educación. Na mesma convocatoria, o centro educativo compostelán recibiu unha mención de honra polo seu destacable labor no fomento da cultura científica, tecnolóxica e investigadora no ámbito da mocidade.
TURISMO
O Concello aborda en Salamanca os retos turísticos de Compostela nunha xornada sobre xestión do patrimonio
A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, participou esta mañá no seminario "Xestión do patrimonio mundial" organizado polo Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade. Estas xornadas veñen a dar continuidade ás celebradas o pasado mes de novembro en Compostela, onde representantes dos 15 concellos abordaron os avances nos seus Plans de Xestión.
CENTROS CÍVICOS
Adxudicado o servizo de dinamización e mediación sociocultural da rede de centros cívicos
A Xunta de Goberno vén de adxudicar á empresa Ferrovial o servizo de dinamización e mediación sociocultural da rede de centros cívicos do Concello de Santiago. O contrato ten un orzamento de 1.120.000 euros anuais e terá unha vixencia de dous anos, prorrogables por outros dous. A de Ferrovial foi a oferta mellor valorada, sobre todo no relativo á proposta de organización técnica da rede e á programación presentada.
ECONOMÍA
Corenta e cinco expositores porán á venda preto de 30.000 pezas na V Feira de Antigüidades
A concelleira María Rozas presentou esta mañá a V Feira de Antigüidades, Coleccionismo e Vintage que se celebrará no Pazo de Congresos os días 26, 27 e 28 de xaneiro. Xunto a ela estiveron os organizadores da Feira, Marycruz Madrid e Ángel Moix e a directora do Pazo de Congresos Belén Montero. Durante a rolda de prensa, a concelleira destacou a atracción que xerou xa o ano pasado a IV Feira, na que se mostraron 30.000 pezas de diversos países, e cunha asistencia que rondou as 2.500 persoas.
LINGUA
O proxecto Enreguéifate medra na súa segunda edición e chega aos concellos de Ames, Carballo e Teo
O proxecto Enreguéifate, que o Concello de Santiago puxo en marcha o ano pasado para difundir a improvisación oral en verso e en galego, medra nesta súa segunda edición con novas actividades e novos municipios participantes. Os concellos de Ames, Carballo e Teo súmanse á organización do proxecto, que tamén estrea páxina web: www.enreguéifate.gal
CONVIVENCIA
Só o 2 % dos vehículos controlados pola Policía Local de Santiago incumprían as condicións técnicas
A Policía Local de Santiago sumouse á campaña da Dirección Xeral de Tráfico para o control e vixilancia das condicións dos vehículos realizada entre os pasados días 15 e 21 de xaneiro. Dos case 400 vehículos controlados, só oito tiveron que ser denunciados.
ACCIÓN CULTURAL
Aberta a inscrición no desfile do martes de Entroido
Xa está aberto o prazo de inscrición para participar no desfile-concurso do martes de Entroido, que se celebrará o 13 de febreiro. O Concello premiará as mellores carrozas, comparsas, grupos, parelllas e disfraces individuais, así como a mellor comparsa procedente das parroquias e barrios de Compostela.
POLÍTICAS SOCIAIS
Adxudicado o novo Servizo de Axuda no Fogar, que duplica o investimento e as horas de atención domiciliaria
A concelleira de Políticas Sociais, Diversidade e Saúde, Concha Fernández, deu conta esta mañá da adxudicación do Servizo de Axuda no Fogar, aprobado onte en Xunta de Goberno.
MEDIO RURAL
O Goberno destinará as achegas provinciais do POS+ á mellora de equipamentos deportivos e socioculturais do rural
O Concello de Santiago volverá destinar á zona rural a totalidade das achegas do POS+ da Deputación da Coruña, que suman 1,7 millóns de euros. Desta vez, os investimentos estarán centrados na mellora dos equipamentos deportivos e socioculturais, despois dos esforzos dos últimos anos no acondicionamento da rede viaria das parroquias.
TURISMO
O Entroido dos Xenerais da Ulla celébrase do 28 de xaneiro ao 3 de marzo
Preto de 30 lugares e parroquias da Comarca da Ulla acollerán este ano altos ou atranques do Entroido sos Xenerais da Ulla. Múltiples asociacións veciñais e comisións de festas organizan cada ano esta Festa, declarada de Interese Turístico de Galicia no ano 2013, e contan coa colaboración conxunta dos Concellos de A Estrada, Boqueixón, Santiago, Silleda, Teo, Touro, Vedra e Vila de Cruces.