DEPORTE
Modificacións no tráfico con motivo da XXIX Carreira Pedestre Popular
O Departamento de Tráfico e Seguridade Cidadá do Concello de Santiago de Compostela informa aos condutores de vehículos e ao público en xeral que, por mor da celebración da XXIX Carreira Pedestre Popular organizada por "El Correo Gallego" o domingo 29 de outubro, produciranse modificacións temporais no tráfico na cidade durante o transcurso deste certame deportivo.
CULTURA
Un obradoiro para reflexionar sobre a Cidade da Cultura
O Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) acolleu a presentación de "Left for tomorrow", o obradoiro da artista e arquitecta eslovena Apolonija Sustersic dentro do proxecto de arte pública "A cidade Interpretada". As sesións teñen como tema fundamental a Cidade da Cultura.
PLENO
Visto bo á redacción definitiva do PXOM
O Pleno Municipal aprobou en sesión extraordinaria o documento de adecuación ao acordo de aprobación provisional da Revisión do Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM). Deste xeito, resultaron incorporadas todas as alegacións aprobadas no Pleno do 31 de xullo e queda listo o documento para a súa remisión á Xunta de Galicia. A xuízo do alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, "quedou listo o listón maior que pode haber no urbanismo en Galicia".
CULTURA
Cineuropa premia a traxectoria do director Bahman Ghobadi e do compositor Stephen Warbeck
O festival Cineuropa, organizado pola Concellería de Cultura, chega este ano á súa XX edición coa programación máis ampla e variada da súa historia: máis de cen películas e documentais, entre elas máis de cincuenta estreas. E, para lembrar estas dúas décadas de compromiso co cine independente e de calidade, o departamento municipal ten previsto celebrar unha serie de actos complementarios da exhibición de filmes, entre eles o concerto inaugural do festival, o xoves día 2 de novembro, e a entrega...
PLENO
O Pleno aprobou as ordenanzas fiscais e os prezos públicos para 2007
O proxecto de Ordenanzas Fiscais para o vindeiro ano, acordado en Xunta de Goberno, foi aprobado inicialmente no Pleno municipal. Principalmente trátase dunha actualización segundo a suba do Índice de Prezos ao Consumo (IPC), fixada nun 2,9%.
INFRAESTRUTURAS
Bernardino Rama: "Das certificacións emitidas das obras do Parque de Bombeiros non se deducían desviacións"
O concelleiro de Infraestruturas, Bernardino Rama, compareceu ante o Pleno municipal para informar sobre a situación das obras do futuro Parque Comarcal de Bombeiros. Indicou que as obras están paralizadas á espera do informe da dirección facultativa, que determinará cales sons as modificacións realizadas respecto ao proxecto inicial, o incremento orzamentario e se é necesario abrir ou non un novo proceso de contratación.
PROMOCIÓN ECONÓMICA
Oito empresas creadas a partir do proxecto Equal Compostela Social reciben a cualificación de Iniciativas Locais de Emprego
Oito empresas nacidas ao abeiro do proxecto Equal Compostela Social obtiveron xa a cualificación de Iniciativas Locais de Emprego (ILE). Esta cualificación concédese a proxectos empresariais de nova creación, de carácter innovador e xeradores de emprego. Destas oito iniciativas, todas menos unha están promovidas por mulleres emprendedoras.
URBANISMO
Máis solo industrial para Compostela
Os tres grupos municipais aprobaron definitivamente a modificación puntual do Plan parcial do solo urbanizable programado número 34, en Boisaca, que permitirá ampliar o solo industrial contiguo ao Polígono do Tambre. Deste xeito impúlsase un solo que estivo longo tempo paralizado por unha formulación errónea no proxecto inicial por parte da Sociedade Estatal de Promoción e Equipamento do Solo (SEPES).
LINGUA
Os obradoiros de lingua do Concello invitan a reflexionar aos máis novos sobre o seu papel respecto ao galego
Un curso máis, chegan os obradoiros de lingua promovidos pola Concellaría de Política Lingüística e impartidos pola cooperativa Tagen Ata. Os cursos, cuxa primeira quenda comezará o 31 de outubro, están dirixidos a alumnos de secundaria e celebraranse no Centro Sociocultural e Xuvenil situado en Frei Rosendo Salvado, 14-16.
CULTURA
Dúas novas oportunidades para ver "Esperando a Godot"
Talía Teatro regresa a Compostela con "Esperando a Godot",de Samuel Beckett tralo paso en maio nunha función benéfica para o Comité de Solidariedade con América Latina. Os que non puideron asistir daquela teñen dúas novas oportunidades, o xoves 26 e o venres 27, no Teatro Principal.