TURISMO
As consultas en Turismo de Santiago medraron un 7,45% no mes de xullo
Turismo de Santiago atendeu no mes de xullo 37.089 consultas nas súas oficinas de información. Este dato supón un crecemento do 7,45% respecto do mes de xullo de 2007. No conxunto do ano, o número de consultas atendidas foi 129.711, que representa un crecemento do 42,72% respecto dos primeiros sete meses do ano 2007.
CULTURA
"Sacra" explora no xardín de Fonseca a busca da espiritualidade a través do corpo nas distintas culturas
Sete bailaríns e dous músicos de diferentes procedencias artísticas e xeográficas ofrecen no xardín de Fonseca unha revisión histórica da busca da espiritualidade a través do corpo realizada pola humanidade dende o seu nacemento ata a actualidade. A bailarina madrileña Zoe Anwar dirixe Sacra, esta proposta de danza espiritual prevista pola programación do Festival dos Abrazos para o martes 19 e o mércores 20, ás 21:00 horas, no xardín de Fonseca, e que en caso de choiva se trasladaría ao...
CULTURA
Unha mostra dos instrumentos de Pangeia abre unha semana de intensa actividade musical no Festival dos Abrazos
O Festival dos Abrazos atravesa o ecuador da súa programación mensual cunha semana de intensa actividade musical que abriu a inauguración en Santa María do Camiño dunha mostra dos instrumentos que propón a compañía de investigación musical luso angolana Pangeia. Dúas actuacións na mesma igrexa, o martes 19 e o xoves 21, ás 20:30 horas, completarán a presenza en Compostela de Pangeia.
ALCALDÍA
"Música en Compostela" convértese unha edición máis en referencia pedagóxica para músicos de todo o mundo
Botou a andar unha nova edición dos Curso Internacionais "Música en Compostela". A alcaldesa en funcións, Mar Martín, deu a benvida aos máis de 100 alumnos de diversas partes do mundo que participarán ao longo de dúas semanas neste evento pedagóxico e musical.
ALCALDÍA
A cidade renovou o seu voto a San Roque
A alcaldesa en funcións, Mar Martín, e varios membros da Corporación municipal participaron no tradicional acto de voto da cidade de Santiago a San Roque, celebrado na capela de San Roque.
CULTURA
O Festival dos Abrazos une multimedia electrónica e artes plásticas na Zona "C"
O Festival dos Abrazos une artes plásticas e multimedia electrónica nas noites dos venres o mes de agosto. A Zona "C" permanecerá aberta, todos os venres do mes, ata a 1:30 da madrugada, hora na que finalizan as propostas de multimedia electrónica que está achegando o Festival ao público compostelán.
EMPREGO
A Bolsa de Emprego de Promoción Económica alcanza as 1.682 persoas inscritas na súa base de datos
A Bolsa de Emprego da Concellaría de Promoción Económica e Emprego ten na súa base de datos 1.682 persoas inscritas, das que o 67% son mulleres. Nos sete primeiros meses de 2008 o servizo ofrecido pola Concellaría rexistrou 302 novas solicitudes.
CIDADE HISTÓRICA
Anuncios televisivos, 4.000 folletos, mupis e unha microsite informarán da nova Rede Wimax
A concelleira de Rehabilitación e Cidade Histórica, Olga Pedreira, presentou a precampaña coa que se fará chegar a información da Rede Wimax a todos os habitantes da Cidade Histórica. Tal e como sinalou a concelleira na rolda de prensa, tras a adxudicación da subministración, o proxecto de Rede Wimax para o Casco Histórico entra na súa recta final.
CULTURA
O Festival dos Abrazos trae a Compostela a nova proposta do artista belga Bernard Massuir
O Festival dos Abrazos achega a Compostela a nova proposta do artista belga Bernard Massuir, que presentará ata o xoves 14 seis pases do seu novo espectáculo. Cada día, ás 12:30 horas ofrecerá unha versión acústica na igrexa de Santa María do Camiño e, se a choiva dá unha tregua, ás 21:00 horas ofrecerá unha versión amplificada no xardín de Fonseca. Porén, se chove, a actuación da noite será tamén na igrexa de Santa María do Camiño.
CULTURA
A compañía Dani Pannullo Dancetheatre sorprende en Área Central co seu espectáculo de danza urbana
A compañía Dani Pannullo Dancetheatre sorprendeu nas zonas comúns de Área Central co seu espectáulo Little Street Pieces, que reúne algunha das mellores pezas dos seus espectáculos anteriores e ofrece ao espectador un percorrido artístico a través da obra deste creador urbano. A choiva obrigou a trasladar a actividade, que estaba prevista para a praza Praterías, ás áreas comúns do centro comercial, espazo urbano de gran uso, tal e como esixía a vocación creativa de Pannullo, que...