CENTROS SOCIOCULTURAIS
Máis citas co programa "Imos ao baile"
Comeza o mes de setembro con novas citas do programa Imos ao baile 2104, actividade para maiores promovida polo Departamento de Centros Socioculturais.
ECONOMÍA
O paro descendeu en Santiago en agosto por sétimo mes consecutivo
No pasado mes de agosto, o número de persoas rexistradas no paro en Santiago foi de 7.714, 87 menos que no mes anterior, converténdose no mellor mes de agosto dende o ano 2007. O mes de agosto é un mes no que tradicionalmente acostuma a subir o paro.
CIDADE HISTÓRICA
Nova reunión do comité de expertos sobre a revisión do Plan Especial da Cidade Histórica
O comité de expertos encargado de avaliar as propostas dos aspirantes a redactar a revisión do Plan Especial da Cidade Histórica mantivo a súa segunda xuntanza. Estes seis persoeiros están estudando as ofertas presentadas, co fin de propoñer a adxudicataria destes traballos, que teñen un custo de 452.000 euros, sufragados a partes iguais polo Concello e a Xunta de Galicia.
ALCALDÍA
O CEIP Monte dos Postes contará con catro novas aulas no curso 2015-2016
O alcalde compostelán, Agustín Hernández, agradeceu o compromiso do conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, de ampliar o CEIP Monte dos Postes con catro novas aulas, unha intervención que tamén incluirá a instalación dun ascensor. Lembrou que esta é unha vella reivindicación dos pais e da comunidade educativa deste centro.
ALCALDÍA
Agustín Hernández reuniuse coas asociacións veciñais de Lavacolla e de Guadalupe
O alcalde compostelán, Agustín Hernández, reuniuse no Pazo de Raxoi cos representantes das asociacións veciñais Ruta Xacobea, de Lavacolla, e A Ponderosa, de Guadalupe.
ALCALDÍA
Compromiso da Xunta para restaurar a torre do campanario de San Martiño Pinario
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, e o conselleiro de Educación, Jesús Vázquez, reuníronse esta mañá no Pazo de Raxoi. Un dos anuncios saídos da xuntanza foi o compromiso da Xunta de iniciar antes de que remate o ano a obra de restauración da torre do campanario do mosteiro de San Martiño Pinario.
EMPREGO
Arranca o programa Santiago Emprego III co obxectivo de conseguir a inserción laboral de 60 mozos e mozas menores de 30 anos
A concelleira de Emprego, Reyes Leis, asistiu ao inicio do programa integrado Santiago Emprego III, un evento de referencia que se desenvolverá durante os vindeiros dez meses e que ten como obxectivo favorecer a busca activa e as posibilidades de inserción laboral de 60 rapaces e rapazas.
CENTROS SOCIOCULTURAIS
As fotos máis antigas de Compostela chegan aos centros socioculturais
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, inaugurou no Café Casino a mostra "As fotos máis antigas de Galicia", producida pola Editorial Alvarellos e que recolle vinte instantáneas tomadas no 1858 na cidade de Compostela. A exposición percorrerá os centros de Fontiñas, A Rocha, o Ensanche e Conxo.
TURISMO
Compostela Gastronómica contará con destacados cociñeiros de Santiago
‘Compostela Gastronómica’, I Festival da Cociña Galega, incluirá na súa programación un ciclo de relatorios protagonizados por algúns dos máis destacados cociñeiros da hostalaría da cidade, que compartirán protagonismo con reputados cociñeiros galegos e españois. Do 19 ao 28 de setembro, un total de oito chefs locais amosarán as súas experiencias por medio de amenos relatorios e show cookings, demostracións de cociña en vivo.
EDUCACIÓN
Preto de cincuenta nenos e nenas participan no programa de conciliación de setembro da Concellería de Educación
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, acompañado pola concelleira de Educación, María Corral, visitou o CEIP das Fontiñas, onde se está a desenvolver o programa de conciliación laboral e familiar organizado pola Concellería de Educación. Este centro vén de recibir un investimento de máis de 8.000 euros para arranxos, que se suma aos 5.000 que se destinaron á escola infantil do barrio.