TURISMO
Turismo promociona as novas conexións de Lufthansa na feira máis importante de Alemaña
Turismo de Santiago participa na ITB, principal feira de turismo do mercado alemán, que se celebra en Berlín do 8 ao 12 de marzo. A participación da entidade municipal de promoción turística na ITB é unha das súas accións máis importantes do ano, xa que o mercado alemán é un mercado prioritario para a cidade.
ALCALDÍA
Felipe VI amósase receptivo á convocatoria do Real Padroado de Santiago antes de que acabe o ano
O alcalde compostelán e presidente do Consorcio foi recibido esta mañá en audiencia polo xefe do Estado no Palacio da Zarzuela, nunha reunión que fora solicitada co obxectivo de reactivar o Real Padroado de Santiago. Martiño Noriega amosouse moi optimista ao remate do encontro, no que Felipe VI "amosou unha gran receptividade á demanda de convocar neste 2017 a que sería a primeira reunión do organismo dende o ano 2003".
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Santiago e Vila Real traballan na posta en marcha dun programa de intercambios escolares
Este martes, os concelleiros de Educación e Cidadanía de Santiago, Manuel Dios, e de Vila Real, José Maria Magalhães, así como técnicos destes dous concellos -José Pintos, Matilde Dimis, Xosé M. Rodríguez-Abella e Susana Papín- mantiveron unha reunión de traballo para coordinar propostas arredor da posta en marcha dun programa de intercambios escolares que poida ser debatido no Grupo Temático de Educación do Eixo Atlántico, que se reunirá a finais de marzo na cidade portuguesa de...
MOCIDADE
"Tamén é machismo" sensibilizará contra esta lacra á mocidade de Compostela no CSC do Ensanche e nos institutos
A concelleira de Deporte, Mocidade e Benestar Animal, Noa Morales, inaugurará esta tarde, a partir das 19:00 horas, a exposición "Tamén é machismo", pertencente a unha campaña de sensibilización proposta nos orzamentos participativos.
ALCALDÍA
Recepción ao alcalde da cidade escocesa de Stirling, Michael Robbins
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibiu en Raxoi o rexedor da cidade escocesa de Stirling, Michael Robbins.
CONVIVENCIA
O alumnado do Colexio Raíña Fabiola reclama melloras de seguridade viaria nun pleno infantil presidido polo alcalde
O Salón de Plenos do Concello de Santiago acolleu esta mañá unha sesión moi especial, na que foron protagonistas os alumnos e alumnas do CEIP Raíña Fabiola. Foi unha iniciativa organizada polo Departamento de Educación Viaria da Policía Local, no marco do programa Colecamiños.
ALCALDÍA
Martiño Noriega confía en que o xefe do Estado impulse a primeira reunión do Real Padroado dende 2003
O alcalde de Santiago e presidente do Consorcio deu conta hoxe dos motivos polos que se solicitou unha audiencia co xefe do Estado que terá lugar mañá pola mañá no Palacio da Zarzuela. Martiño Noriega explicou que o obxectivo é que Felipe VI impulse a convocatoria dunha reunión do Real Padroado de Santiago, que sería a primeira desde o ano 2003.
ACCIÓN CULTURAL
Arranca un novo ciclo de "Encontros con cineastas" grazas á colaboración entre o Concello e Numax
O próximo 11 de marzo bota a andar un novo ciclo cultural, froito da colaboración entre o Concello de Santiago e Numax. Trátase dos Encontros con cineastas, que se van inaugurar cunha charla con Alberto Vázquez, baixo o título "O debuxo como forma de pensamento".
EDUCACIÓN E CONVIVENCIA
Os nenos e nenas das escolas infantís municipais sumáronse á xornada de portas abertas dos Bombeiros de Santiago
Os nenos e nenas das escolas infantís municipais de Conxo, As Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños, así como as súas familias, participaron na xornada de portas abertas organizada polos Bombeiros de Santiago con motivo do seu patrón.
ALCALDÍA
Noriega reclama melloras nas ferramentas de financiamento da cidade
O alcalde de Santiago aproveitou a reunión que mantivo esta mañá co presidente da Xunta para reivindicar as ferramentas propias de financiamento que axuden a manter a singularidade da nosa cidade e a afrontar novos retos como os relacionados co Ano Santo de 2021. Martiño Noriega expúxolle a Alberto Núñez Feijóo dúas peticións concretas: o aumento da partida da Capitalidade de cara a 2018 e o incremento da achega que a Xunta fai ao Consorcio de Santiago.