CULTURA

Ana Belén protagoniza "Kathie y el hipopótamo", de Mario Vargas Llosa

07/10/2014

Ana Belén protagoniza a obra Kathie y el hipopótamo, de Mario Vargas Llosa dentro do programa de Teatro & Danza. Será este domingo 12 de outubro, ás 20:00 horas, no Teatro Principal, cando poderemos ver esta obra que chega a Compostela da man de PLATEA, Programa Estatal de Artes Escénicas promovido polo INAEM.

Ler máis

CONSORCIO

Reedítase o estudo biográfico "San Francisco de Asís (siglo XIII)", de Emilia Pardo Bazán, publicado en 1882 e inaccesible hoxe en día

07/10/2014

Con motivo da conmemoración dos 800 anos da peregrinación de San Francisco de Asís a Compostela, reeditouse o estudo biográfico San Francisco de Asís (siglo XIII), de Emilia Pardo Bazán, publicado en 1882, posto que na actualidade non se dispón de ningunha edición accesible. O estudo preliminar é de José Manuel González Herrán, catedrático de Literatura Española da Universidade de Santiago e coordinador do Grupo de Investigación "Emilia Pardo Bazán" da USC, ao que...

Ler máis

CONSORCIO

O Consorcio de Santiago adxudica o servizo de mantemento e reparación dos pavimentos da cidade histórica por 79.134 euros

07/10/2014

O Consorcio de Santiago vén de adxudicar a segunda fase do servizo de mantemento e reparación dos pavimentos do recinto intramuros da cidade histórica para este ano, por un importe de 79.134 euros. A empresa Renovatio, Conservación del Patrimonio Artístico, S.L., comezará os traballos o vindeiro luns. A primeira fase, cun presuposto de 48.850,50 euros, executouse entre os meses de xaneiro e marzo.

Ler máis

CONSORCIO

Turismo de Santiago acompaña a Real Filharmonía nunha xira de cinco concertos por León, Pamplona, Santander e Burgos

07/10/2014

A Real Filharmonía de Galicia (RFG) inicia este mércores unha xira que a levará ao Auditorio de León (8), ao Palacio Baluarte de Pamplona (9 e 10), ao Palacio de Festivais de Santander (11) e ao Fórum Evolución de Burgos (12 de outubro). Turismo de Santiago acompañará a orquestra nesta xira para promocionar Santiago no mercado doméstico.

Ler máis

TURISMO

O Grupo de Cidades Patrimonio promocionarase en Estados Unidos, Rusia e China no último trimestre do ano

07/10/2014

A concelleira de Turismo, Reyes Leis, asistiu na sede de Turespaña en Madrid a unha reunión da Comisión de Turismo do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España. A xuntanza estivo presidida por Javier Bello, alcalde de Alcalá de Henares e presidente do Grupo, e contou coa presenza dos concelleiros de Turismo de boa parte das 15 localidades incluídas na Lista do Patrimonio Mundial pola UNESCO.

Ler máis

SERVIZOS SOCIAIS

Tres novos convenios de colaboración con Down Compostela, ACEM e Red Madre

06/10/2014

A concelleira de Servizos Sociais, María Corral, asinou esta mañá tres novos convenios con entidades sociais: Asociación Compostelá de Esclerose Múltiple (ACEM), Asociación Red Madre Coruña e Fundación Down Compostela. Os tres acordos suman unha achega municipal de 12.300 euros. Estes convenios súmanse a aqueles que vén asinando o Concello con diversas entidades sociais nos últimos meses. Ao remate do exercicio teranse subscrito 29 convenios, por un importe conxunto de 386.877 euros.

Ler máis
Compartir: