CONSORCIO
Unha exposición reúne na Casa do Cabido pezas do artista compostelán Camilo Otero
Baixo o título Camilo Otero. Raíces de Compostela, o Consorcio de Santiago promove unha exposición de pezas do multidisciplinar artista compostelán Camilo Otero, falecido en 2003. A mostra exhíbese dende este martes na Casa do Cabido, na praza das Praterías, onde se presentou esta mañá. Ao acto asistiron o alcalde de Santiago e presidente do Consorcio da Cidade, Martiño Noriega; a xerente do Consorcio, Belén Hernández; o comisario da exposición, David Ferreras; o co-comisario, José Carlos...
DEPORTE
Aberto dende este martes o prazo de solicitude de uso das instalacións deportivas municipais para a tempada 2016-2017
Co fin de poñer en funcionamento as instalacións deportivas municipais para a vindeira tempada 2016-2017, a Concellaría de Deporte abriu este martes o prazo de solicitude das mesmas, que estará aberto ata o venres 22 de xullo.
FACENDA
Aprazada ata a semana próxima a aprobación das bases que guiarán o proceso dos Orzamentos Participativos
O grupo motor dos Orzamentos Participativos, conformado por representantes de colectivos e asociacións veciñais de Compostela e persoas que a título individual queren axudar a establecer as regras de funcionamento do proceso, mantivo onte luns a súa segunda xuntanza na Casa das Asociacións de Cornes.
ACCIÓN CULTURAL E MEDIO AMBIENTE
Verán en Verde, máis de 60 actividades organizadas polos departamentos de Acción Cultural e Medio Ambiente
A concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, e o concelleiro de Medio Ambiente, Xan Duro, presentaron esta mañá o programa Verán en Verde, no que se recollen as propostas dos seus departamentos para os meses de xullo a setembro. En total, serán 66 actividades que se celebran nos parques, espazos naturais e lugares de encontro sociocultural.
ALCALDÍA
O alcalde visita as obras da Cociña Económica
O alcalde visitou esta mañá as instalacións da Cociña Económica para coñecer o estado actual das obras de reforma que se están a acometer no inmoble da rúa Travesa. Martiño Noriega estivo acompañado por Sor Esther Seoane, a directora da entidade.
ALCALDÍA E EMPREGO
O Goberno municipal reafirma a súa vontade de colaboración co Viveiro de Empresas da Cámara de Comercio de Santiago
O alcalde e a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo visitaron hoxe o Viveiro de Empresas da Cámara de Comercio. Martiño Noriega e Marta Lois estiveron acompañados no seu percorrido polo presidente da entidade cameral, Jesús Asorey, e polo seu secretario, Fernando Barros.
ALCALDÍA
Entregados os premios da sexta edición do concurso escolar "Coñece o teu concello. Compostela con outra mirada"
O Salón Vermello do Pazo de Raxoi acolleu a entrega de premios da sexta edición do concurso escolar Coñece o teu concello. Compostela con outra mirada, que organiza La Voz de Galicia e que conta co patrocinio do Concello de Santiago e da Deputación da Coruña.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Nova reunión do Proxecto Oneiros, de mediación para a convivencia nos centros de ensino público de Santiago
Este luns celebrouse unha nova reunión de seguimento do Proxecto Oneiros, unha iniciativa de mediación para a paz e a boa convivencia nos centros de ensino público de Santiago, resultado da colaboración entre o Departamento de Educación e Cidadanía e o Instituto Galego de Xestión para o Terceiro Sector (Igaxes3), unha organización non lucrativa que traballa para a incorporación social plena das persoas, especialistas na atención e apoio á independencia da mocidade.
XUNTA DE GOBERNO
Aberto o trámite de adxudicación do servizo de mantemento e reparación de pavimentos
A Xunta de Goberno aprobou hoxe o expediente e apertura do procedemento de adxudicación do servizo de conservación, mantemento e reparación de pavimentos nos viarios do termo municipal, cun orzamento que triplica ao destinado en exercicios anteriores.
TURISMO
Os Chaquetas Vermellas volven ás rúas para informar ás persoas que visitan a cidade
O programa de voluntariado dos Chaquetas Vermellas, logo de cancelarse nos últimos anos, volve hoxe ás rúas e prazas de Santiago para informar directamente ás persoas que visitan a cidade. Este ano o grupo de Chaquetas Vermellas está composto por 16 persoas voluntarias, que se distribuirán en oito parellas, e que terán así un primeiro achegamento á atención turística, de interese para o seu currículo no futuro.