CONVIVENCIA
O "Road Show" abriu o programa en torno ao Día da Seguridade Viaria
O concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, asistiu no Auditorio de Galicia á representación teatral sobre seguridade viaria Road Show, dirixida a estudantes de 1º de Bacharelato. Esta actividade forma parte do programa que preparou o Concello de Santiago para celebrar o Día da Seguridade Viaria (10 de xuño).
ACCIÓN CULTURAL
Xosé A. Touriñán protagoniza o "Monólogo do imbécil" no Teatro Principal
Eme2 Teatro presenta a vindeira semana en Compostela o Monólogo do imbécil, protagonizado por Xosé A. Touriñán. Premio Max de Teatro 2003 ao mellor texto en lingua galega está escrito e dirixido por Jose Prieto. En total haberá tres funcións: venres 10 e sábado 11 ás 20:30 e o domingo 12 ás 19:00 horas, todas no Teatro Principal.
IGUALDADE
Minuto de silencio no Obradoiro pola última vítima da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu unha concentración para condenar o último asasinato machistas, que deixou onte unha vítima en Sevilla.
DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO
O Cersia acollerá a presentación do proxecto Spin&Up cunha xornada sobre a relación entre Universidade e Empresa
O Cersia acollerá unha xornada para presentar a importancia da transferencia de coñecemento entre Universidade e Empresa. Esta xornada contará con representantes da Universidade e do tecido empresarial de Santiago e tamén da Universidade e do tecido empresarial do Minho. Será o martes 7 de xuño e estará aberta a participación de todas as persoas interesadas, tanto do ámbito universitario como do ámbito empresarial e mesmo persoas emprendedoras con novas ideas de negocio. A inscrición pode facerse na web do proxecto,...
ALCALDÍA
O alcalde coñece o labor de Plan International
O alcalde, Martiño Noriega, recibiu esta mañá á directora xeral de Plan International en España, unha organización independente de cooperación ao desenvolvemento e axuda humanitaria comprometida cos dereitos da infancia. Concha López deulle conta ao rexedor das iniciativas que ten en marcha a entidade, para estudar posibles vías de colaboración co Concello.
ALCALDÍA
O alcalde abriu o Maratón de Lectura da Fundación Granell, dedicado a Rosalía
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, abriu o xa tradicional Maratón de Lectura organizado pola Fundación Eugenio Granell e dedicado este ano a Rosalía de Castro. De 11:00 ás 14:00 e de 17:00 ás 20:00 horas, calquera que se achegue á Fundación pode escoitar ou participar lendo algún fragmento da obra da escritora.
ACCIÓN CULTURAL
Cristina Pato e Santiago Auserón xunto á Real Filharmonía de Galicia na programación cultural do mes de xuño
A concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, presentou a programación cultural para este mes de xuño, no que Cristina Pato e Santiago Auserón acompañan á Real Filharmonía de Galicia en dous concertos moi especiais. Ópera, concertos da Banda, Ataque Escampe e Chicharrón, e a programación especial con motivo do Día da Música (21 de xuño), completan a oferta.
ALCALDÍA E POLÍTICAS SOCIAIS
Un grupo de reclusos do Centro Penitenciario de Segovia conclúe o seu Camiño de Santiago
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibiu na praza do Obradoiro un grupo de reclusos do Centro Penitenciario de Segovia que realizou o Camiño de Santiago. Logo compartiu con eles uns minutos no salón vermello.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
O Concellaría de Educación e Cidadanía recupera os premios "Educacompostela" seis anos despois da súa última edición
O concelleiro de Educación, Manuel Dios, presentou esta mañá a IX edición dos premios Educacompostela, que o Departamento de Educación e Cidadanía e Nova Escola Galega recuperan despois de seis anos. Estes galardóns queren recoñecer, promover, premiar e difundir publicamente aqueles materiais educativos que, polo seu valor e interese, poidan contribuír ao desenvolvemento educativo de Galicia, favorecendo a innovación, a calidade na educación e a renovación pedagóxica.
CONSORCIO
O alcalde visita a última fase das obras do 1º Centro Nacional de Formación de Referencia en Materia de Rehabilitación da Península
O alcalde de Santiago e presidente do Consorcio da Cidade, Martiño Noriega, visitou esta mañá as obras do que será o primeiro Centro Nacional de Formación de Referencia en Materia de Rehabilitación que existirá na Península Ibérica, situado na antiga fábrica de curtidos de Pontepedriña de Arriba, en Santiago de Compostela. Na visita estiveron tamén o xerente da Fundación Laboral da Construción en Galicia, Fernando García Novo; e, por parte do Consorcio de Santiago, a súa xerente,...