MEDIO AMBIENTE

O Concello e o Museo de Historia Natural colaborarán en actividades de divulgación científica sobre o medio ambiente

03/03/2016

O Concello e o Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago van colaborar na organización de actividades de divulgación científica sobre o medio ambiente. Así se recolle no convenio que van asinar as dúas partes, unha vez sexa aprobado mañá pola Xunta de Goberno e nas próximas semanas polos órganos de goberno da USC. O contido do acordo foi explicado hoxe polo concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, e pola directora do Museo, María Isabel Fraga.

Ler máis

CONSORCIO

A Real Filharmonía de Galicia ofrece tres concertos esta fin de semana no Festival Musika-Música de Bilbao

03/03/2016

A Real Filharmonía de Galicia (RFG) participa esta fin de semana no Festival Musika-Música de Bilbao con tres concertos no Palacio Euskalduna. A primeira cita terá lugar o sábado 5, ás 17:00 horas. O domingo día 6, a orquestra ofrecerá dúas actuacións, ás 13:45 e ás 18:45 horas. A batuta destes concertos levaraa o director titular e artístico da RFG, o mestre británico Paul Daniel.

Ler máis

ACCIÓN CULTURAL

A Concellaría de Acción Cultural organiza no CSC da Trisca un taller de animación á escrita e de promoción da lectura activa

02/03/2016

A Concellaría de Acción Cultural programou un suxestivo taller práctico de animación á escrita e de promoción da lectura activa. A partir do luns 7 de marzo e durante oito xornadas, no Centro Sociocultural da Trisca (Corredoira das Fraguas, 92), os participantes coñecerán as ferramentas básicas para a elaboración dun pequeno poemario ou "suite" poética. A inscrición segue aberta.

Ler máis

ALCALDÍA E POLÍTICAS SOCIAIS

O Goberno municipal ultima a inclusión de cláusulas sociais na contratación pública

02/03/2016

Martiño Noriega achegouse esta mañá á sede que a Fundación Down Compostela ten no barrio de Conxo. Acompañado da concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, e do presidente e secretario da Fundación, Juan Jesús Martínez e Xaime López, o alcalde coñeceu de primeira man as actividades que se realizan no centro, no que participan arredor de 100 persoas de aproximadamente 40 concellos da contorna de Santiago.

Ler máis

CONSORCIO

O trompista Martin Owen e a violista Isabel Villanueva impartirán clases a vindeira semana na Escola de Altos Estudos Musicais

02/03/2016

A Escola de Altos Estudos Musicais (EAEM), con sede en Santiago de Compostela, dispón dun programa de formación permanente dirixido a intérpretes novos. Ao longo do ano ofrécese a posibilidade de asistir a unha serie de clases maxistrais que imparten solistas de prestixio internacional. A vindeira semana estarán a recoñecida violista Isabel Villanueva e o trompista Martin Owen. Formarán tanto aos estudantes da Escola como a alumnos/as externos/as interesados en perfeccionar a súa interpretación con estes dous instrumentos.

Ler máis
Compartir: