CONSORCIO

Rapaces de 6 a 12 anos ofrecerán a súa visión particular da cidade de Santiago de Compostela a través da pintura e da fotografía

04/12/2014

O Consorcio de Santiago promove esta fin de semana no Museo das Peregrinacións e de Santiago (praza das Praterías) tres novos obradoiros didácticos dirixidos a nenos de entre 6 de 12 anos. Cada un deles, pensado para que os máis pequenos se acheguen á historia de Compostela, ten unha duración de entre unha hora e media e dúas horas.

Ler máis

EDUCACIÓN

O CEIP Raíña Fabiola representará a Santiago no programa "Aula de Patrimonio"

04/12/2014

Unha comisión de valoración presidida pola concelleira de Educación, María Corral, acordou que será o traballo presentado polo CEIP Raíña Fabiola o que represente ao Concello de Santiago na segunda edición do programa pedagóxico Aula de Patrimonio, promovido polo Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España. O guión, titulado "Redescubre Compostela", foi realizado por alumnado de 6º de primaria e coordinado polo profesor Xosé Anxo Aldrey.

Ler máis

TURISMO

Área Santiago inicia os traballos para crear un produto turístico en torno á pesca fluvial

03/12/2014

A concelleira de Turismo, Reyes Leis, participou na inauguración da xornada formativa sobre a creación do produto turístico de pesca fluvial. Este encontro, celebrado no edificio Cersia, é a primeira dunha serie de accións xa planificadas para promover o potencial fluvial e pesqueiro dos concellos de Área Santiago. Asistiron tamén a directora xeral de Conservación da Natureza, Verónica Tellado, e a directora de Promoción de Turismo de Galicia, Carmen Pita.

Ler máis

CULTURA

O gaiteiro pontevedrés Oscar Ibáñez presenta "Alén do mar" dentro do ciclo Sons’14

03/12/2014

Oscar Ibáñez presenta o seu primeiro traballo discográfico en solitario baixo o título Alén do mar. Neste disco, o gaiteiro e frautista pontevedrés invítanos a unha viaxe sonora polo Atlántico chea de orixinalidade, imaxinación e creatividade, a través dunha magnífica selección de melodías galegas e latinoamericanas enriquecidas con elementos propios da música celta. O concerto será este xoves 4 de decembro, ás 21:00 horas, no Teatro Principal, dentro do ciclo Sons’14. As...

Ler máis

CULTURA

Moreland & Arbuckle e The Soul Jacket pechan o Blues Nite by 1906 deste 2014

03/12/2014

As bandas Moreland & Arbuckle e The Soul Jacket son as protagonistas do concerto de peche do ciclo Blues Nite by 1906 neste ano 2014. Será este xoves 4 de decembro, ás 21:30 horas, na Sala Capitol. As entradas poden mercarse xa no despacho de billetes do Teatro Principal, Ticketea, Miranda, A Reixa Tenda e salacapitol.com a un prezo de 14 euros anticipada e 17 euros o día do concerto.

Ler máis

ALCALDÍA

A drenaxe do Sarela permitirá reducir as inundacións en Galeras e Carme de Abaixo

02/12/2014

O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, visitou as obras que o Concello, a través da concesionaria Viaqua, está realizando para retirar sedimentos e obstáculos vexetais no leito do río Sarela, no tramo comprendido entre o parque de Galeras e Carme de Abaixo. Xa se limparon uns 100 metros da canle do río e os traballos prolongaranse durante unas tres semanas.

Ler máis

NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

O Concurso de Cartas de Nadal anima os nenos e nenas a utilizar o galego e a indagar nas tradicións destas datas

02/12/2014

A concelleira de Normalización Lingüística, María Corral, presentou o Concurso de Cartas de Nadal 2014, unha proposta dirixida ás escolas e ás familias para que os nenos e nenas enchan de contidos as súas solicitudes de agasallos. Será unha boa maneira de que os pequenos practiquen destrezas como a escrita ou o debuxo, pero tamén para investigar, reflexionar e comprometerse.

Ler máis
Compartir: