POLÍTICAS SOCIAIS
Aberto ata o 21 de xuño o prazo de presentación de solicitudes para as bolsas de comedor do curso 2016/2017
O BOP publica hoxe a convocatoria para a solicitude de bolsas de comedor escolar do curso 2016/2017. O Goberno local duplicou estas axudas, destinando 360.000 euros ás mesmas.
MEDIO AMBIENTE
Entregados os premios dos concursos Compos-3D e Compos-Foto, convocados con motivo do Día do Medio Ambiente
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, presidiron no Salón Nobre do Pazo de Raxoi a entrega dos premios aos gañadores dos concursos Compos-3D e Compos-Foto, no marco das actividades organizadas polo Concello, Ferrovial Servizos e a Universidade de Santiago con motivo do Día Mundial do Medio Ambiente, celebrado onte domingo.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
A Banda e a Agrupación de Música Tradicional da Escola Municipal de Música ofreceron un concerto na praza do Toural
A praza do Toural acolleu o concerto de primavera da Banda e da Agrupación de Música Tradicional da Escola Municipal de Música. O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, non quixo perderse a cita musical, sumándose á cidadanía que se congregou para asistir a esta actuación aberta.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
A Galería Sargadelos acolleu outro taller "Xoga e aprende con enerxía!"
Este sábado realizouse o terceiro taller "Xoga e aprende con enerxía!" a cargo de Marta Gómez, arquitecta experta en enerxía da arquitectura. Este ciclo de obradoiros está dirixido a nenos/as entre os 9 e 12 anos, que a través de divertidos xogos aprenderán a aforrar enerxía e a concienciarse na mellora dos espazos nos que habitan.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Catrocentos escolares de toda España participaron no VII Campionato Nacional de Cálculo con Ábaco
Catrocentos escolares de toda España, de idades comprendidas entre os 5 e os 13 anos, participaron este sábado no VII Campionato Nacional Aloha Mental Arithmetico. O evento estivo organizado por Aloha Mental Arithmetic en colaboración co Departamento de Educación e Cidadanía. O seu concelleiro responsable, Manuel Dios, achegouse ao CEIP López Ferreiro para presenciar a proba.
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno Local aproba a nova ordenanza Compostela +
A Xunta de Goberno aprobou hoxe a nova Ordenanza de Garantía Básica Cidadá do Concello de Santiago, coñecida co nome de Compostela +. O texto, que ten que recibir luz verde definitiva no Pleno da Corporación, substituirá á ordenanza Santiago Suma, que entrou en vigor o 17 de xuño de 2015.
DEPORTE
Área Central acolle este sábado dez horas de actividades no 2º Día do Deporte Solidario
O concelleiro de Deporte, Rafael Peña, presentou esta mañá o 2º Día do Deporte Solidario, un evento que acolle Área Central este sábado 4 de xuño. Na rolda estivo acompañado polo xerente de Área Central, José Rafael Martínez; o xerente da Asociación de Pais de Persoas con Discapacidade Intelectual (Aspas), Javier García; e o coordinador da actividade, Enrique Vieites.
ALCALDÍA
Compostela e outros oito concellos promocionarán conxuntamente o Camiño de Santiago pola ría de Muros e Noia
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, participou en Noia na sinatura do protocolo entre os concellos de Muros, Outes, Noia, Porto do Son, Lousame, Rois, Brión, Ames e Santiago de Compostela para a promoción conxunta do Camiño de Santiago pola Ría de Muros e Noia.
CONSORCIO
Cristina Pato toca coa Real Filharmonía este sábado no Parque Eugenio Granell
A Real Filharmonía de Galicia celebra un concerto ao aire libre mañá sábado, 4 de xuño, no compostelán Parque Eugenio Granell, baixo a batuta do seu director titular, Paul Daniel. A cita será ás 12:30 horas e, se chove, terá lugar no Auditorio de Galicia. Diríxese ao público máis novo e ás familias, dentro do ciclo Descobre unha orquestra para ti, a túa!, que busca achegar a RFG e a música clásica a novos públicos. A entrada é gratuíta.
XUNTA DE GOBERNO
O Goberno local dá un novo paso para a apertura do Centro Xove de Creación Cultural
A Xunta de Goberno acordou hoxe iniciar o procedemento de contratación para o servizo de xestión de actividades no Centro Xove de Creación Cultural, na Almáciga, e os locais municipais de música para a xuventude de Compostela, en San Lázaro. É o último paso para a apertura do edificio construído no patio do CEIP Apóstolo Santiago.