CONSORCIO
Últimos días para visitar a mostra de fotografías en 3D da cidade de Santiago e da Catedral na Casa do Cabido
Baixo o título Compostela, a Terceira Dimensión, o Consorcio de Santiago promove unha exposición de instantáneas en 3D da cidade de Santiago do estereógrafo coruñés Enrique Criado. A mostra exhíbese na Casa do Cabido, na praza das Praterías, dende finais do pasado mes de setembro. O vindeiro domingo, 11 de decembro, é o último día para percorrela. Durante estes meses visitárona máis de 4.000 persoas, das cales 450 foron estudantes, na súa maioría de centros educativos de...
ALCALDÍA
Homenaxe a José Germán Fernández, alcalde accidental de Santiago
O Cemiterio de Boisaca acolleu un acto de homenaxe e lembranza a José Germán Fernández, quen fora alcalde accidental de Santiago de Compostela en 1936, ao cumprirse 80 anos do seu fusilamento, o 3 de decembro dese ano, nese mesmo lugar.
COMERCIO
Aberto o Mercado de Nadal
O Mercado de Nadal de Compostela abriu este sábado ao público na rúa Carreira do Conde e estará aberto ata o vindeiro 5 de xaneiro. A concelleira de Comercio, Marta Lois, visitou os expositores nesta xornada inaugural.
XUNTA DE GOBERNO
O edil Xan Duro asume as delegacións de licenzas e disciplina urbanística
A Xunta de Goberno aprobou hoxe a proposta de Alcaldía de deixar sen efectos as delegacións do concelleiro de Espazos Cidadáns, Dereito á Vivenda e Mobilidade, relativas ao exercicio da potestade sancionadora e á concesión de calquera tipo de licenzas. O alcalde, Martiño Noriega, explicou que deste xeito "se atendeu a solicitude realizada polo propio Jorge Duarte despois de recibir onte o auto no que é citado para declarar como investigado nas dilixencias previas abertas en relación a uns expedientes a locais de...
COMERCIO
Arranca este sábado o Mercado de Nadal, que contará con 79 expositores
O Mercado de Nadal de Compostela abre mañá sábado ao público na rúa Carreira do Conde e estará aberto ata o vindeiro 5 de xaneiro. Así o anunciou a concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, quen avanzou que "este ano se presentaron 107 solicitudes, 21 máis que o ano pasado, e haberá finalmente un total de 79 expositores, superando en 23 a cifra do ano pasado".
ACCIÓN CULTURAL
O Premio Antonio Fraguas alcanza a súa XXII edición na busca das mellores investigacións sobre o traxe
A Asociación do Traxe Galego, coa colaboración do Concello e do Centro Comercial Compostela convocou a XXII edición do Premio de Investigación Antonio Fraguas sobre o Traxe Galego. Unha vez máis, premiaranse con 1.200 e 600 euros, respectivamente, os mellores traballos analíticos e descritivos sobre esta indumentaria.
TURISMO
Última fin de semana de Santiago(é)tapas
Este domingo remata a novena edición de Santiago(é)tapas, que ofrece a posibilidade de probar e valorar as 104 tapas nos 68 locais participantes. Este ano, a votación popular ten grande importancia, xa que será a responsable de decidir tres premios: o primeiro Premio Tapa do Público 2016, dotado con mil euros; o segundo premio, dotado con 500 euros en produtos; e o Premio (É)xcelente 2016, para o local con mellor servizo integral. O gañador do primeiro premio, ademais, será o representante de Santiago no evento De.../em>
DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO
Uns 150 nenos e nenas descobren o bosque secreto do Banquete de Conxo
O Centro Sociocultural de Santa Marta acolleu unha charla de Quique Alvarellos para o alumnado dos centros de ensino de Conxo e Santa Marta sobre a historia do bosque no que se celebrou o Banquete de Conxo en 1856. A charla foi a última das accións en centros formativos do programa de educación para o consumo e promoción comercial Andar aos recados, que ten por obxectivo concienciar á cidadanía, especialmente ao alumnado escolar, sobre o consumo responsable, ao tempo que dinamice o tecido comercial de proximidade.
POLÍTICAS SOCIAIS E DIVERSIDADE
Compostela súmase á celebración do Día Internacional da Diversidade Funcional
O día 3 de decembro celébrase o Día Internacional das Persoas con Diversidade Funcional, data que se conmemora dende a aprobación da Convención dos Dereitos das Persoas con Discapacidade no ano 2006. Este tipo de días serven para conmemorar, reivindicar e exixir o respecto dos dereitos das persoas con diversidade funcional, comezando polo dereito a unha inclusión social plena e a práctica dunha vida independente.
DEPORTE
Entregados os premios do V Circuíto CorreSan
O alcalde compostelán, Martiño Noriega, presidiu no Auditorio de Galicia a gala de entrega dos premios do V Circuíto de Carreiras Saudables de Santiago, CorreSan 2016.