CONSORCIO

Unha mostra reúne as obras de debuxantes e ilustradores españois e internacionais que retrataron a cidade nas súas creacións

10/07/2014

O Consorcio de Santiago e El Patito Editorial inauguraron a exposición Santiago Cidade Ilustrada na Casa do Cabido. A mostra reúne máis de 60 obras de distintos ilustradores españoles e estranxeiros que retrataron a cidade de Santiago de Compostela nas súas creacións. Ao acto de presentación asistiron a concelleira de Cultura, María Antón; os comisarios da exposición, Gemma Sesar e Fausto Isorna; xunto con varios ilustradores cuxas obras se exhiben neste proxecto.

Ler máis

CULTURA

Sergei Malov e Florian Birsak presentan "Vivaldi e a familia Bach" no Via Stellae

09/07/2014

O violoncello da spalla será un dos protagonistas do programa deste xoves 11 no Via Stelllae: violín, viola, viola da gamba, violoncello… unha moi ampla familia de instrumentos coa que explorar cores, sonoridades, recursos estilísticos e expresivos xunto ao ruso Sergey Malov. Vivaldi e a familia Bach –Johann Sebastian e o seu fillo Carl Philipp Emanuel, de quen conmemoramos o seu tricentenario– é o nome do programa que nos brinda a súa música, as súas fermosas sonatas e suites… A partir das 20:30 horas na capela da...

Ler máis

ALCALDÍA

Agustín Hernández asume a portavocía dun novo Goberno municipal cohesionado e con nove áreas de xestión

09/07/2014

O alcalde compostelán, presentou a distribución por áreas do seu novo equipo de Goberno. Agustín Hernández asume a portavocía dun Goberno municipal composto por nove concellerías: Economía, Facenda, Réxime Interior e Administración Pública, Desenvolvemento Urbano Sostible, Seguridade e Mobilidade, Servizos Sociais, Relacións Veciñais e Medio Rural, Cultura e Patrimonio e Relacións Institucionais.

Ler máis

CONSORCIO

O Museo das Peregrinacións e de Santiago acolle unha mostra conmemorativa dos 75 anos do Exército do Aire

09/07/2014

Inaugurouse no Museo das Peregrinacións e de Santiago a exposición que conmemora os 75 anos do Exército do Aire. Trátase dunha mostra itinerante organizada polo Servizo Histórico e Cultural do Exército do Aire. En Santiago permanecerá ata o día 16 deste mes de xullo. Ao acto de inauguración asistiu o delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez, quen salientou que esta exposición axuda a dar visibilidade ao labor das Forzas Armadas.

Ler máis

PLENO

Agustín Hernández asume a tarefa de devolver a "normalidade institucional" a Santiago e a "ilusión" aos seus cidadáns

08/07/2014

Agustín Hernández tomou posesión como alcalde nunha sesión extraordinaria do Pleno municipal na que tamén formalizou a súa renuncia o ata agora rexedor, Ángel Currás. Previamente, tomaron posesión da súa acta, ademais de Hernández, outros oito concelleiros: Marta González, María Jesús Saínz, María Antón, Manuel Martínez, Ramón Quiroga, Teresa Gutiérrez , María José Corral e Alejandro Sánchez-Brunete.

Ler máis

CULTURA

Roberta Invernizzi e Craig Marchitelli presentan "La bella più bella" dentro do Festival Via Stellae

07/07/2014

Recoñecida polas súas deslumbrantes e elegantes interpretacións de grandes do Barroco como Vivaldi ou Haendel, Roberta Invernizzi volve achegarse en La bella più bella (canción de Luigi Rossi que serve de título ao concerto) ao delicado repertorio italiano do século XVII, un tempo no que as emocións e os afectos eran expresados polo cantante a solo cun acompañamento instrumental: a monodia do barroco italiano temperán (Caccini, Strozzi, Monteverdi, D’India…) para a que resultan ideais a sensibilidade e a...

Ler máis
Compartir: