PROMOCIÓN ECONÓMICA
O Concello lanza un servizo de consultoría non presencial para apoiar ao pequeno comercio na preparación da volta á actividade económica
O Concello de Santiago, a través do seu Servizo de Apoio á Empresa pon en marcha un servizo de consultoría para apoiar ao pequeno comercio na preparación da volta á actividade económica. Ofrécense 15 prazas para a elaboración de plans de reactivación económica personalizados. As inscricións poden realizarse na web do CERSIA Empresa ata o 2 de maio ás 13:00 horas.
ALCALDÍA
O alcalde apela á "responsabilidade" de pais e nais no desconfinamento dos menores de 14 anos
Con vistas á apertura este vindeiro domingo da posibilidade de que nenos e nenas poidan saír a pasear, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, fixo un chamamento á "responsabilidade" dos pais e nais. O Concello manterá os parques públicos abertos, pero os parques infantís permanecerán pechados.
ALCALDÍA
As medidas municipais fronte ao coronavirus supoñen 100.000 euros de gasto extraordinario semanal
O Concello de Santiago celebra esta tarde un pleno extraordinario, mediante medios telemáticos, no que se debaterá a aprobación dunha modificación de dúas ordenanzas fiscais –a 0.00 xeral de xestión, recadación e inspección dos tributos e outros ingresos de dereito público e da 3.24 da taxa pola utilización privativa e o aproveitamento especial do dominio público local- e da proposta de modificación das Bases de Execución do Orzamento Municipal do exercicio 2020. Basicamente, a primeira destas...
PLENO
A Corporación aproba a modificación do calendario fiscal e a xestión dos anticipos de caixa fixa
O Concello de Santiago celebrou este venres un pleno extraordinario, no que se aprobou unha proposta de modificación das ordenanzas fiscais e outra de modificación das bases de execución do orzamento municipal do exercicio 2020. A primeira destas modificacións habilitará á Xunta de Goberno Local para modificar o calendario fiscal, e a segunda, de xestión dos anticipos de caixa fixa, permitirá pagar e xustificar ese pago "a posteriori".
CIDADES PATRIMONIO
O Grupo de Cidades Patrimonio aborda un plan de acción promocional dirixido ao turismo nacional
A Comisión de Turismo do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España reuniuse esta mañá de forma telemática para impulsar un plan de acción de promoción turística, unha vez se poña en marcha a fase de desescalada.
POLÍTICAS SOCIAIS
O Concello distribúe máis de 250 libros entre as persoas usuarias do Seminario Menor e da Cociña Económica
A Concellaría de Políticas Sociais vén de distribuír hoxe 60 libros entre as persoas albergadas no Seminario Menor, e outros 200 entre as persoas ususarias da Cociña Económica. Trátase dunha doazón realizada polo propietario da libraría Gallaecia, Manolo Salvado, con motivo do Día Mundial do Libro e dos Dereitos de Autor, que se celebra hoxe.
CENTROS SOCIOCULTURAIS E MOCIDADE
Os departamentos de CSC e Mocidade traballan na impresión 3D de LU-Touch, un dispositivo que minimiza o contaxio por COVID-19
O Concello de Santiago de Compostela, a través dos departamentos de Centros Socioculturais e de Mocidade, está fabricando, mediante impresión en 3D, un dispositivo denominado LU-Touch, co que se pretende reducir ao mínimo a posibilidade de contaxios de COVID-19 por contactos indirectos. As primeiras unidades estanse repartindo entre o persoal de limpeza e os uxieres. O obxectivo é, conforme se vaian imprimindo, distribuilos entre o resto de traballadoras e traballadores municipais.
ALCALDÍA
Con motivo do Día Mundial do Libro, o Goberno local lembra que a lectura favorece a aprendizaxe, potencia a memoria e esperta a imaxinación
Con motivo do "Día Mundial do Libro e do Dereito de Autor", que se celebra mañá xoves, 23 de abril, o Concello de Santiago de Compostela quere lembrar á cidadanía a importancia da lectura tanto a nivel de aprendizaxe, de adquisición de coñecementos; como a nivel emocional e a nivel de entretemento. O Goberno municipal recorda que, entre outros aspectos, ler mellora a expresión oral, aumenta a nosa comprensión e a nosa capacidade comunicativa, potencia a memoria, esperta a imaxinación e mantennos informados. Por...
POLÍTICAS LINGÜÍSTICAS
A Concellaría de Políticas Lingüísticas reprograma as actividades do Espazo Apego que quedaron suspendidas polo confinamento
A Concellaría de Políticas Lingüísticas está a traballar para que durante o verán e nos meses seguintes se poidan retomar e recuperar todas as convocatorias das actividades que tiveron que ser suspendidas durante marzo e abril. A oferta para estes meses no Espazo Apego, situado no local municipal da rúa da República do Salvador, 12, abranguía diferentes contidos relacionados coa transmisión interxeracional da lingua, o apoio a persoas procedentes doutras comunidades e a promoción social no ámbito...
TURISMO
Turismo de Santiago presenta ao sector as liñas mestras do Plan para a reactivación do turismo
O concelleiro de Turismo de Santiago, Sindo Guinarte, e a xerente de Turismo de Santiago, Flavia Ramil, reuníronse telematicamente está mañá cunha ampla representación do sector turístico de Santiago.