CENTROS CÍVICOS
A XI edición do Festival BateBatuke leva a batucada ás rúas da cidade
Dende o 31 de maio ata o 2 de xuño, Compostela convértese no escenario do festival de percusión afro-brasileira BateBatuke, que organiza a asociación cultural Trópico de Grelos en colaboración co Concello de Santiago. A concelleira de Centros Cívicos, Concha Fernández, presentou hoxe a actividade, que "este ano ten o atractivo engadido de coincidir coas festas da Ascensión, e de chegar por vez primeira ao Ensanche". Na rolda de prensa tamén participaron Julia Sueiro, Andrés Rivero e Miguel...
CENTROS CÍVICOS
O próximo venres sortearanse as prazas para o programa "Vive o verán" na rede de Centros Cívicos
O próximo venres celebrarase o sorteo público das prazas para participar no programa Vive o verán da rede de Centros Cívicos, unha vez que o número de inscricións superou amplamente a demanda existente. O sorteo será a partir das 11:30 horas no Centro Cívico de Santa Marta e estará aberto á cidadanía que queira presencialo.
IGUALDADE
O Concello volve habilitar un Punto Lila de información e atención sobre violencias machistas durante as festas
As mulleres que participen nas festas da Ascensión contarán cun Punto Lila de información e atención sobre as violencias sexuais situadona praza do Toural. Esta iniciativa foi posta en marcha por vez primeira durante as festas do Apóstolo do ano pasado.
FESTAS
O concerto "Los40 Pop", cita principal da primeira xornada da Ascensión
Compostela vive dende mañá mércores as festas da Ascensión, que este ano se celebran do 29 de maio ao 2 de xuño. Durante estes cinco días de festas haberá ata oito grandes concertos, propostas diversas para público familiar e as citas xa tradicionais destas datas.
CONSORCIO
A Fundación Laboral da Construción e o Consorcio de Santiago convocan o Curso Superior de Especialización en Xestión de Obras de Rehabilitación 2019 (CEGOR)
A Fundación Laboral da Construción, o Consorcio de Santiago e a Fundación Catedral de Santiago presentaron hoxe no Centro de Referencia de Formación en Materia de Rehabilitación de Pontepedriña o Curso Superior de Especialización en Xestión de Obras de Rehabilitación. Está dirixido a profesionais, técnicos/as e xefes/as de obras de rehabilitación coa necesidade de adquirir ou ben actualizar os seus coñecementos en materia de conservación, restauración e rehabilitación.
ALCALDÍA
Recepción a alumnado dos institutos Eduardo Pondal de Santiago e de Ponteceso
O segundo tenente de alcalde, Jorge Duarte, recibiu un grupo de alumnos e alumnas dos IES Eduardo Pondal de Santiago e de Ponteceso, que están a manter un intercambio cultural.
CONSORCIO
A Real Filharmonía de Galicia pecha a tempada de abono 2018/2019 coa estrea en España de "A balada do cárcere de Reading", de Jonathan Rathbone
A Real Filharmonía de Galicia pecha esta semana a tempada de abono con dous concertos dirixidos polo seu director titular, o mestre Paul Daniel. O primeiro soará o mércores 29 en Santiago, no Auditorio de Galicia, ás 20:30 horas. O xoves, a orquestra tocará no Auditorio de Ferrol, tamén ás 20:30 horas, dentro da colaboración que a RFG mantén coa Sociedade Filharmónica Ferrolá. O ensaio xeral do mércores 29 no Auditorio de Galicia será aberto ao público ata completar aforo, e comezará...
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
A Escola Municipal de Música dedicará o seu festival de fin de curso á canción galega
A Escola Municipal de Música celebrará seu festival de fin de curso 2018-2019 o vindeiro 21 de xuño ás 19:00 horas, no Auditorio de Galicia, baixo o título "50 anos da canción galega". Este festival enmárcase na liña de traballo iniciada o ano pasado con "A muller galega na música", na que a Escola érguese como centro vertebrador da recuperación e posta en valor do inmenso patrimonio musical feito en Galicia.
ALCALDÍA
A ruta cultural "As pegadas de Rosalía" xa conta cunha páxina web propia
Os concellos de Santiago, Ames, Brión e Padrón acaban de poñer en funcionamento a páxina web da ruta cultural "As pegadas de Rosalía". Mediante esta acción búscase que os usuarios poidan acceder de forma directa e fácil a información detallada sobre a ruta rosaliana, así como dar a coñecer as últimas novas e iniciativas organizadas arredor da propia ruta. A web www.rutarosaliana.gal, que xa está dispoñible en galego,...
XUNTA DE GOBERNO
A Xunta de Goberno aproba o proxecto de mellora do campo de fútbol de Belvís
A Xunta de Goberno aprobou este venres o proxecto de acondicionamento exterior do campo de fútbol de Belvís, no que se van investir case 145.000 euros. A actuación ten como obxectivo mellorar as condicións de accesibilidade e os servizos deste equipamento.