BENESTAR SOCIAL
Clausurados en Vite os obradoiros para maiores "Adaptándose á xubilación"
Clausuráronse os obradoiros Adaptándose á xubilación, que se desenvolveron os días 6, 13, 20 e 27 de febreiro no Centro Sociocultural "José Saramago" de Vite e que foron impartidos polo Equipo de Dinamización Social do Urbana Santiago Norte – Servizos Sociais, en colaboración co Club de Maiores do CSC de Vite.
ALCALDÍA
Encontro do alcalde co cónsul de Panamá
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, reuniuse co cónsul de Panamá, Cristóbal Fundora Leitón.
EDUCACIÓN
Os máis pequenos achéganse á música da man do programa "Os contos do país do xeo"
Celebrouse na Escola Infantil de Conxo o concerto inaugural do Programa de Educación Musical para nenos de 0 a 3 anos, que leva por título Os contos do país do xeo. Trátase dunha iniciativa especialmente deseñada para as escolas infantís pola Escola Municipal de Música.
MOBILIDADE
Entra en servizo o cuarto taxi adaptado
As persoas con mobilidade reducida teñen á súa disposición un novo taxi adaptado. E o cuarto destas características que entra en servizo, avanzando cara a esixencia legal de ter como vehículos accesibles o 5% do total da flota antes de 2017. Co número actual de vehículos, 147, deben ser obrigatoriamente sete os adaptados para esa data.
TURISMO
O Fórum Gastronómico celebrou a súa concorrida primeira xornada
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, inaugurou o Fórum Gastronómico Santiago 2012 xunto coa coselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, e o presidente da Deputación da Coruña, Diego Calvo.
EDUCACIÓN
Éxito de público da segunda entrega do ciclo de concertos "Música nas prazas"
A praza Roxa acolleu un novo concerto da Banda da Escola Municipal de Música e da Agrupación de Música Tradicional, que xuntou a máis de 40 alumnos e alumnas que cursan os seus estudos neste centro educativo público municipal. Numerosas familias e paseantes gozaron do concerto, ao igual que o concelleiro de Educación, Ángel Currás.
ALCALDÍA
Sentida homenaxe a un grupo de veciños composteláns vítimas da Guerra Civil de 1936
O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, presidiu no cemiterio de Boisaca a homenaxe a un grupo de veciños composteláns, vítimas da Guerra Civil de 1936. Alí, preto de onde foron fusilados, descubrise unha placa recordatoria destes veciños. Ademais, realizouse unha ofrenda floral e gardouse un minuto de silencio.
ALCALDÍA
Entrega de premios aos gañadores do concurso escolar "Coñece o teu concello"
O salón vermello de Raxoi acolleu a entrega de premios do concurso escolar Coñece o teu concello, organizado polo xornal La Voz de Galicia a través dos colexios, contando co patrocinio, entre outros, do Concello de Santiago. O alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, presidiu o acto.
CULTURA
Diamond Dogs presentan o seu novo álbum, "Set fire to it all", dentro do Compostela Rock
Compostela Rock, nova aposta da Concellaría de Cultura ofrece o sábado 25, ás 20:30 horas na Sala Capitol, unha nova cita, desta vez cos Diamond Dogs e Sugar Mountain. Os Diamond Dogs, que nos presentan o seu novo traballo, Set fire to it all, chegan a Santiago capitaneados por dous dos guitarras máis importantes da súa historia: International Fred e Lars Karlsson. Os teloneiros, os galegos Sugar Mountain, presentan un amplo repertorio dos seus discos e novas cancións da súa próxima gravación. Máis adiante,...
EDUCACIÓN
Inaugurado o Ciclo de Concertos Didácticos "Os contos do país do xeo"
Inaugurouse no CEIP Lamas de Abade o II Ciclo de Concertos Didácticos Os contos do país do xeo, que se celebrarán no centros de educación infantil e primaria de Santiago. O concelleiro de Educación, Ángel Currás, participou no primeiro destes concertos, impartidos a través da Escola Municipal de Música.