EDUCACIÓN
O alumnado das escolas infantís municipais de Conxo e Fontiñas estrea equipamento e novos dispositivos tecnolóxicos
As escolas infantís municipais de Conxo e Fontiñas estrean mobiliario e novos dispositivos tecnolóxicos dos que se beneficiarán directamente 123 nenas e nenos de 0 a 3 anos.
ALCALDÍA
O director de Correos preséntalle ao alcalde o novo servizo de pago e cobro de recibos non domiciliados
O alcalde compostelán, Xosé Sánchez Bugallo, reuniuse hoxe co director de Correos de Santiago, Julián Anca, quen lle presentou o servizo de pago e cobro de recibos fóra do horario limitado polas entidades bancarias que se comezou a aplicar hai dous meses. O rexedor sinalou que lle parece unha proposta interesante, e que se vai estudar a sinatura dun convenio entre ambas institucións. "Estou seguro de que resolveremos positivamente porque ampliar os servizos é dar máis facilitades ao conxunto da cidadanía",engadiu.
ALCALDÍA
O Concello homenaxea o persoal xubilado en 2019
O Salón Nobre do Pazo de Raxoi acolleu esta mañá o acto de homenaxe e entrega de placas aos traballadores e traballadoras municipais que se xubilaron no pasado ano.