IGUALDADE
Minuto de silencio pola última vítima mortal da violencia machista
A praza do Obradoiro acolleu este mediodía un minuto de silencio para condenar o último asasinato machista, acontecido este domingo en Parla (Madrid).
ACCIÓN CULTURAL
Oito grandes concertos e moitas propostas para o público infantil na programación das festas da Ascensión 2019
Compostela celebrará as festas da Ascensión do 29 de maio ao 2 de xuño, cun programa "pensado para atender a un público diverso e no que todas as actividades volven ser de balde". A concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, presentou hoxe a programación, na que "haberá ata oito grandes concertos nas prazas da Quintana e do Toural, moitas propostas para o público familiar e actividades que forman parte xa da tradición das festas máis compostelás do ano".
ALCALDÍA
Centos de rapaces e rapazas percorreron a zona monumental noutra edición do Correlingua
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asistiu na praza da Quintana ao peche do Correlingua 2019. Participaron 1.700 alumnos e alumnas de 20 centros escolares, que percorreron as rúas do casco histórico cantando lemas en defensa do galego.
DEPORTE
Compostela acolle do 24 ao 28 de xuño o I Campus de Tecnificación Borja Iglesias
A concelleira de Deporte, Noa Morales, presentou esta mañá o I Campus de Tecnificación Borja Iglesias, que se celebrará na nosa cidade do 24 ao 28 de xuño. Na presentación estivo tamén o propio Borja Iglesias, xogador do RCD Espanyol.
CONSORCIO
O británico Wayne Marshall dirixe por primeira vez a Real Filharmonía de Galicia e interpretará o "Concerto para piano" de Gershwin
A Real Filharmonía de Galicia ofrece esta semana dous concertos. O xoves 9 desprazarase a Vigo, onde tocará no Teatro Afundación ás 20:00 horas, dentro da tempada de música clásica da Sociedade Filharmónica de Vigo e Afundación, no que será o último concerto da tempada da RFG na cidade viguesa. O venres 10 terá lugar o seu concerto semanal de abono, no Auditorio de Galicia ás 20:30 horas. A batuta levaraa o mestre británico Wayne Marshall, que debuta coa RFG.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Aberta a inscrición nos obradoiros de verán das escolas infantís municipais
As escolas infantís municipais de Conxo, As Fontiñas e Meixonfrío-Salgueiriños abriron este luns 6 de maio a inscrición nunha nova edición dos seus obradoiros de verán, que se desenvolverán durante o período de vacacións escolares. O prazo de inscrición rematará o venres 10 de maio. Estes obradoiros están destinados a nenos e nenas empadroados en Santiago que cursen estudos de 2º ciclo de educación infantil e 1º e 2º de educación primaria, con idades comprendidas entre os 3...
CONSORCIO
Este mércores, último día para visitar na Casa do Cabido a exposición de fotografías protagonizadas polas mulleres do Mercado de Abastos de Santiago
A Casa do Cabido acolle, dende finais do pasado mes de xaneiro, a exposición Elas, retrato dun mercado, que reúne instantáneas realizadas polo fotógrafo Manuel Blanco ás mulleres do Mercado de Abastos de Santiago. A mostra está impulsada polo Consorcio de Santiago e as concellarías de Acción Cultural e Mercados do Concello de Santiago. O derradeiro día para percorrela será este mércores, 8 de maio. O horario da Casa do Cabido é de 11:00 a 14:00 e de 16:00 a 21:00 horas, de martes a sábado. Os...