DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO
Nace "Compostela Móvese pola Economía de Proximidade" cunha liña de produción e distribución de produto de horta
A concelleira de Desenvolvemento Económico, Marta Lois, e Xosé Manuel Durán e Emilio Arias, da Asociación Non é o mesmo, presentaron hoxe o programa piloto Compostela Móvese pola Economía de Proximidade, que se inicia cunha liña de formación específica en materia de horticultura biolóxica profesional que anime a persoas con capacidade de produción hortícola a profesionalizar a súa actividade para facer da mesma unha liña de ingresos económicos para o núcleo.../em>
MEDIO AMBIENTE
O Concello distribuirá ecovasos na Festa do Banquete, na primeira acción para "termos uns eventos máis sustentables"
O Concello vén de editar unha Guía de Eventos Sustentables, que será tida en conta nos actos que se celebren en Santiago co obxectivo de reducir a xeración de residuos e de xestionalos dunha maneira máis responsable. A Guía xa se está a aplicar na organización da Festa do Banquete, que se celebrará dende mañá ata o domingo.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Alumnado de Vila Real (Portugal) devolve a visita ao CEIP López Ferreiro no marco do programa de intercambios escolares do Eixo Atlántico
O concelleiro de Educación e Cidadanía, Manuel Dios, deu conta hoxe do programa de actividades que realizará o alumnado do López Ferreiro co alumnado de Vila Real (Portugal) no marco dos programas de intercambio do Eixo Atlántico. Os/as 30 escolares portugueses devolverán do 6 ao 8 de maio a visita que o alumnado compostelán de 5º e 6º de Primaria realizou os pasados 20, 21 e 22 de marzo.
ALCALDÍA
Arrinca a II Festa do Banquete coa celebración do pequeno banquetiño por parte de escolares do Quiroga Palacios
Comezan as celebracións da II edición da Festa do Banquete, que reunirá no barrio de Conxo a centos de persoas durante esta fin de semana. Os primeiros en participar destas actividades serán os escolares do CEIP Quiroga Palacios, acompañados do Colexio Plurilingüe Pepe Xan Baña de Santa Comba.