MOCIDADE
Todo listo para o inicio do proxecto "Que fai un creador no meu barrio?" no Centro Xove da Almáciga
A iniciativa Que fai un creador no meu barrio? chega ao Centro Xove da Almáciga os días 11, 12, 13, 20 e 21 de marzo de 2019. Os encargados de dar vida a esta actividade de carácter participativo e colaborativo son os deseñadores industriais do estudio compostelán Cenlitrosmetrocadrado. A inscrición aínda está aberta a través da web quefaiuncreador.dardo.gal.
DEPORTE
Chega a sexta edición do Torneo Viravolta Jael coa participación de máis de 500 ximnastas de 30 clubs
A concelleira de Deporte, Noa Morales, deu conta hoxe dos detalles da sexta edición do torneo de ximnasia rítmica Viravolta Jael, que se celebra este sábado 9 de marzo no Multiúsos Fontes de Sar. Na rolda estivo a presidenta do club Viravolta, Wendy Rey; a adestradora do club Marta Comendador, e o patrocinador do evento, Chema Fernández, de Jael Xoiería.
ALCALDÍA
O alcalde reivindica a colaboración entre o Concello e a Universidade na presentación de AEMAT
O alcalde, Martiño Noriega, participou esta mañá na presentación da Agrupación Estratéxica en Materiais da Universidade de Santiago, AEMAT, que vén de ser recoñecida pola Consellería de Educación como nova Agrupación Estratéxica do Sistema Universitario de Galicia. O rexedor aproveitou o acto para reivindicar a colaboración entre o Concello e a USC para "poñer o emprego e o talento no corazón da axenda política de Santiago".
IGUALDADE
Comezan as conversas na Casa Xohana Torres coa mesa redonda "Pensar o amor no século XXI"
A Casa das Mulleres Xohana Torres acolle mañá xoves, a partir das 19:30 horas, a primeira das cinco conversas que terán lugar no espazo co gallo do Día Internacional das Mulleres. A primeira mesa redonda, que leva por nome "Pensar o amor no século XXI", será conducida por Marta Lois e nela participarán Chis Oliveira, catedrática de Filosofía xubilada e Amada Traba, profesora de Ciencias da Educación en Vigo, autoras do libro ám@me.
TURISMO
Os hoteis da cidade superan por primeira vez as 50.000 pernoctacións en xaneiro dende o Xacobeo 2010
O pasado mes de xaneiro os hoteis da cidade rexistraron 51.494 pernoctacións, segundo os datos do INE. É a primeira vez que se superan as 50.000 pernoctacións no primeiro mes do ano dende o Ano Santo 2010. Dende entón, o dato máis baixo no mes de xaneiro foi no ano 2015, cando houbo apenas 37.576 pernoctacións.
FESTAS
O desfile de Entroido celebrarase o domingo 17 de marzo, data acordada coas entidades participantes
O desfile do Entroido, adiado onte por mor do temporal celebrarase, finalmente o domingo 17 de marzo. Esa foi a data acordada coas diferentes carrozas e comparsas que tiñan previsto participar onte no evento, e que mostraron a súa dispoñibilidade para saíren ás rúas de Compostela nesa xornada.
FESTAS
A queima do Meco pechou o Entroido compostelán
A queima do Meco na praza Roxa tras o seu desfile dende o Toural puxo fin ao Entroido compostelán, cando menos simbolicamente, xa que aínda está pendente o concurso-desfile adiado este martes por mor do temporal. Celebrarase o domingo 17 de marzo.