XUNTA DE GOBERNO
Aprobados os prazos de matrícula na Escola Municipal de Música
A Xunta de Goberno aprobou hoxe a apertura dos prazos de reserva de praza, solicitudes de admisión e matrícula na Escola Municipal de Música para o curso 2019-2020.
COMERCIO
A Mesa Local de Comercio elixe os oito establecementos emblemáticos do 2018
A concelleira de Igualdade, Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, deu conta hoxe dos oito comercios emblemáticos do 2018, elixidos pola Mesa Local de Comercio dentro da acción Comercios emblemáticos, de onte, de hoxe e de sempre. Acompañouna na rolda de prensa a técnica municipal de Comercio, Lucía Castro.
MEDIO AMBIENTE
Escolares de Compostela conmemoran o Día dos Bosques plantando 190 árbores na Pontepedriña
O Concello segue a conmemorar o Día Internacional dos Bosques cunha plantación de 190 árbores frondosas autóctonas por parte de escolares de Compostela. A plantación levouse a cabo nunha parcela de titularidade municipal en Pontepedriña, situada ao carón do CEIP Ramón Cabanillas.
ALCALDÍA
Santiago acolle a Asemblea do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade
Santiago acolle mañá a Asemblea Xeral do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade, o máximo órgano da entidade. Os alcaldes e alcaldesas do Grupo foron recibidos este mediodía no Pazo de Raxoi, nun acto presidido polo rexedor compostelán, Martiño Noriega.