IGUALDADE
Publicadas as bases dunha nova edición do Premio Xohana Torres de ensaio e creación audiovisual
O Boletín Oficial da Provincia deste 13 de marzo publicou as bases e a convocatoria do Premio de Ensaio e Creación Audiovisual Xohana Torres para o ano 2019. O Premio Xohana Torres recuperouse en 2016 tras varios anos sen convocarse e co obxectivo de recuperar a memoria histórica das mulleres de Compostela. Foi instituído no ano 1993 e, tras 17 edicións, decidiuse abrir o premio ao ensaio, tanto literario como científico.
CENTROS CÍVICOS
Os Cantos de Taberna volven por primavera
O Concello de Santiago, a través da Concellaría de Centros Cívicos, volve impulsar un ciclo de Cantos de Taberna, co obxectivo de "participar na recuperación desta tradición da cultura popular galega", en palabras da concelleira de Centros Cívicos, Concha Fernández. A actividade desenvolverase da man da asociación Muiñeiros do Sarela.
DEPORTE
O Casco Histórico acollerá a V edición da carreira nocturna SantYaGo10K o sábado 4 de maio
A Concelleira de Deportes, Noa Morales; o residente do Club de Atletismo Fontes do Sar, José Antonio Juanatey; José Lariño Noya, médico especialista en aparato dixestivo e responsable do Comité Científico da Sociedade Española de Patoloxía Dixestiva, e Iván Sanmartín, delegado da Federación Galega de atletismo, presentaron no Pazo de Raxoi a quinta edición da SantYaGo10K, a emblemática carreira nocturna de Santiago, que se celebrará o sábado 4 de maio.
ACCIÓN CULTURAL
Compostela celebra a poesía co II Festival "Alguén que respira!"
Santiago volve celebrar o Día Mundial da Poesía cun amplo programa que se desenvolverá no Teatro Principal entre os días 21 e 23 de marzo. A segunda edición do festival Alguén que respira! está organizado pola Concellaría de Acción Cultural, en colaboración coa Consellería de Cultura e Turismo, e contará coa participación dalgunhas das voces máis poderosas da poesía contemporánea do panorama internacional.
DESENVOLVEMENTO ECONÓMICO
Unha delegación danesa visita Santiago para coñecer as políticas turísticas da cidade
A concelleira de Turismo, Marta Lois, recibiu hoxe no Pazo de Raxoi unha delegación do Concello danés de Roskilde, composta tanto por persoal político como técnico, que escolleron Santiago como exemplo de boas prácticas en materia turística para implantar na súa cidade.
CENTROS CÍVICOS
O Centro Cívico do Ensanche acolle unha exposición de 35 pinturas feitas por artistas coa boca e os pés
A concelleira de Políticas Sociais, Diversidade, Saúde e Centros Cívicos, Concha Fernández, visitou esta mañá acompañada do director da Asociación de Pintores coa Boca e co Pé en España, Ricardo Charfolé, a exposición elaborada pola Asociación de Pintores coa Boca e o Pé, composta por 35 pinturas.
EDUCACIÓN E CIDADANÍA
Este xoves, novo concerto da Escola Municipal de Música na Aula Hospitalaria
Este xoves 14 de marzo, ás 18:00 h, a Aula Hospitalaria do Hospital Clínico acollerá o terceiro dos concertos que a Escola Municipal de Música realizará neste presente curso, dentro do marco de colaboración existente entre o Concello de Santiago de Compostela e a Aula Hospitalaria do Hospital Clínico.