ALCALDÍA
O alcalde destaca o traballo realizado nos últimos anos en Santiago na implantación de solucións intelixentes para o casco histórico
Unha vintena de técnicos das 15 localidades inscritas na Lista do Patrimonio Mundial que forman o Grupo Cidades Patrimonio da Humanidade de España reúnense estes xoves e venres en Santiago de Compostela nunhas xornadas tituladas Xestión de vectores ambientais nos cascos históricos das Cidades Patrimonio da Humanidade de España. Control de aves e recollida de residuos. O evento foi inaugurado polo alcalde de Santiago, Agustín Hernández, quen estivo acompañado pola concelleira de Desenvolvemento Urbano Sostible, Teresa...
ALCALDÍA
O alcalde recibe un grupo de estudantes franceses que realizan un intercambio co Colexio Manuel Peleteiro
O alcalde, Agustín Hernández, recibiu esta mañá no Concello un grupo de 26 rapaces e rapazas franceses do Colexio Le Mourion, da vila de Villanueve-lez-Avignon, próxima a cidade de Avignon. Este grupo de estudantes de 3º da ESO están a participan nun intercambio co Colexio Peleteiro, polo que estarán en Compostela ata o mércores día 13 de maio.
EDUCACIÓN
Comezan as obras de climatización da Escola Infantil Galiña Azul do polígono do Tambre
Esta semana inícianse as obras para a climatización da Escola Infantil Galiña Azul do polígono do Tambre. Os traballos consisten na colocación de novas unidades interiores de tipo fan coils, así como dunha bomba de calor e dunha climatizadora.
SERVIZOS SOCIAIS
O mercadiño solidario "Trócame-Roque" celebra este venres a súa terceira edición
A concelleira de Servizos Sociais, María Corral, presentou a terceira edición do mercadiño solidario Trócame-Roque, organizado pola rede comunitaria de Fontiñas coa colaboración do Concello. Celebrarase este venres 8 nas instalacións de Área Central, entre as 16:30 e as 19:30 horas.
CIDADE HISTÓRICA
O artista Diego Germade realiza unha intervención na Oficina Cidade Histórica e de Rehabilitación de Santiago de Compostela
O artista galego Diego Germade vén de realizar unha intervención na Oficina da Cidade Histórica e de Rehabilitación de Santiago de Compostela, presentando Aquí donde no estamos.
RELACIÓNS VECIÑAIS
"Artistas na rúa", nova exposición fotográfica na Casa das Asociacións de Cornes
A Casa das Asociacións de Cornes acolle dende este venres e ata o 29 de maio o proxecto expositivo Artistas na rúa, producido por alumnos e alumnas de 3º grao en Historia da Arte da Universidade de Santiago de Compostela.
FESTAS
Ana Obregón, Teté Delgado, Elisa Matilla e Fabiola Toledo presentan en Santiago a comedia teatral "Sofocos Plus"
Ana Obregón, Teté Delgado, Elisa Matilla e Fabiola Toledo son as protagonistas de Sofocos Plus, comedia que chegará o 16 de maio a Compostela. Será ás 19:00 horas no Auditorio Abanca, enmarcada dentro das festas da Ascensión. As entradas poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal (de martes a sábado de 18:00 a 21:00 horas), no 902 434 443, e en entradas.abanca.com. Ademais, poderán adquirirse o propio día do evento no Auditorio Abanca dende as 17:00.../em>
CULTURA
Ángel Martín & Ricardo Castella presentan "Love Pain Love" dentro de Falabaratos
Ángel Martín e Ricardo Castella presentan en Falabaratos o seu espectáculo Love Pain Love. Será este venres 8 de maio, ás 20:30 horas, no Teatro Principal. As entradas teñen un prezo de 17 euros (12 no anfiteatro) e poden mercarse no despacho de billetes do Teatro Principal (aberto de 18:00 a 21:00 horas), no 902 434 443 ou en entradas.abanca.com.