MULLER
María Corral inaugura o II Congreso Internacional de Intervención e Prevención da Violencia de Xénero
A concelleira de Servizos Sociais, María Corral, inaugurou o II Congreso Internacional de Intervención e Prevención da Violencia de Xénero, que se celebra na Cidade da Cultura dende este xoves ata o vindeiro sábado. Esta iniciativa, que se enmarca na conmemoración do Día Internacional contra a Violencia de Xénero (25 de novembro), pretende ser ferramenta informativa e formativa útil para a loita contra a violencia sexista.
TURISMO
Santiago promociona a súa gastronomía durante o Nadal cunha edición especial de Compostela Gastronómica
A concelleira de Turismo, Reyes Leis, presentou no Pazo de Raxoi unha edición especial de Nadal de Compostela Gastronómica, evento que naceu este pasado mes de setembro para promocionar a cidade como destino gastronómico. O obxectivo é consolidar a marca Compostela Gastronómica a través dun evento que continúa coa liña marcada na primeira edición, centrando os seus contidos nos produtos galegos e nos cociñeiros da cidade.
CONSORCIO
O Museo das Peregrinacións converterase esta fin de semana nun labirinto no que os máis pequenos terán que buscar os tesouros
O Consorcio de Santiago celebra esta fin de semana dous novos obradoiros didácticos para nenos no Museo das Peregrinacións e de Santiago (sede da praza das Praterías). Con esta iniciativa, dirixida a rapaces de entre 6 e 12 anos, búscase que os máis pequenos se acheguen á historia de Compostela de xeito lúdico.
ALCALDÍA
O Goberno municipal informa dos investimentos no rural e na zona urbana ao Consello de Relacións Veciñais
Nunha reunión presidida polo alcalde, Agustín Hernández, o Goberno municipal informou ao Consello de Relacións Veciñas das inversións do Concello no rural e na zona urbana.
CULTURA
O tradicional maratón e o pase de "Angrois no esquecemento", o máis destacado da xornada do venres 28 en Cineuropa
O máis destacable da xornada do venres 28 en Cineuropa é a celebración do tradicional maratón que, ao igual que o festival, xa vai pola súa XXVIII edición. Terá comezo ás 22:15 horas no Teatro Principal e promete máis de dez horas de bo cinema e moita intriga con filmes como (por orde de proxección): Why don’t you play in hell?, de Sion Sono; Backcountry, de Adam Macdonald; La tía Alejandra, de Arturo Ripstein; Wake in fright, de Ted Kotcheff; Goodnight mommy, de Severin.../em>/em>
ALCALDÍA
O alcalde destaca a importancia da cidade de Santiago no desenvolvemento de actividades empresariais vinculadas coas tecnoloxías da información e da comunicación (TIC)
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, recibiu no Concello os participantes na I Misión Comercial Inversa- Edición Latinoamérica, organizada polo Cluster TIC Galicia. Esta iniciativa ofrece aos asociados ao devandito Cluster e a clientes ou colaboradores un espazo para reforzar as relacións comerciais mediante diferentes actividades de networking.