CENTROS SOCIOCULTURAIS

Os máis pequenos contarán cun amplo abano de actividades nos centros socioculturais para as mañás de xullo

24/05/2013

A Concellaría de Centros Socioculturais, coa finalidade de ofertar un servizo para o lecer e o tempo libre dos máis pequenos durante as mañás do mes de xullo, facilita en sete localizacións da rede sociocultural, as "mañas de verán e de xogo". O concelleiro de Centros Socioculturais e Participación Cidadá, Francisco Noya, presentou o programa completo de actividade en rolda de prensa.

Ler máis

XUVENTUDE

A Concellería de Xuventude e a USC únense para facilitar a busca de emprego para os máis novos en Canadá

24/05/2013

A concelleira de Xuventude, Rebeca Domínguez, acompañada polo vicerreitor de Estudantes da USC, Francisco Durán, expuxo os principais puntos do acordo, que facilita o visido a Canadá para mozos, co fin de que encontren unha oportunidade laboral. O vindeiro 29 de maio ás 18h a Casa das asociacións de Cornes acolle unha charla aberta impartida polaagregada de educación e cultura da Embaixada de Canadá en España para que todos os interesados recaben a información que necesiten.

Ler máis

COMERCIO

Campostela xa ten o seu Paseo das Estrelas en homenaxe ao pequeno comercio

24/05/2013

A rúa Xeneral Pardiñas, no tramo entre as rúas Montero Ríos e República Salvador, loce diferente: desde agora conta cun Paseo das Estrelas do comercio compostelán. A concelleira de Comercio, Reyes Leis, acompañada de representantes das asociacións de comerciantes da cidade, e de moitos dos premiados e os seus familiares, que se acercaron para poder ver a súa propia estrela, inauguraron o paseo.

Ler máis

BENESTAR SOCIAL

O Concello colabora coa Asociación Española contra o Cancro

24/05/2013

O alcalde, Ángel Currás, e a concelleira de Benestar Social, María Castelao, asisten á gala benéfica contra o cancro que se celebra no Hotel Monumento, organizada pola Asociación Española Contra o Cancro. Os beneficios xerados serán utilizados para continuar e mellorar as liñas de investigación da asociación.

Ler máis
Compartir: