DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Santiago rendeu homenaxe a Roberto Vidal Bolaño lembrando a súa figura e descubrindo unha placa diante da súa casa familiar

17/05/2013

A cidade de Santiago homenaxeou a un dos seus veciños ilustres, Roberto Vidal Bolaño, neste Día das Letras Galegas. Así, en Vista Alegre, a carón da casa familiar onde vivira, no número 43, recordouse a súa calidade humana e literaria, e descubriuse unha placa que leva por lema "Polo seu traballo e por toda unha vida dedicada ao teatro galego e á nosa literatura".

Ler máis

DÍA DAS LETRAS GALEGAS

Os gañadores do concurso "Gústame o galego" recibiron os seus agasallos

17/05/2013

O Pazo de Bendaña acolleu a entrega de agasallos aos autores dos lemas máis votados en Facebook e Twitter dentro da campaña Gústame o galego. Recibiron cadanseus lectores de libros dixitais no marco dunha xornada chea de actividades con motivo do Día das Letras Galegas. Os premios foron entregados polo alcalde, Ángel Currás, e polas concelleiras de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, e de Educación, María Castelao.

Ler máis
Compartir: