TURISMO

Todo listo para a chegada a Compostela de Darth Vader e as trompas imperiais

14/05/2013

A concelleira de Turismo, Reyes Leis, presentou o vídeo promocional da segunda edición do desfile Imperial Stormtroopers, que terá lugar o sábado 25 de maio. En torno a 350 persoas caracterizadas como personaxes de Star Wars participarán neste percorrido polas rúas do Caso Histórico. Desta vez homenaxearase o 30 aniversario da estrea do filme O retorno do Jedi.

Ler máis

DEPORTES

O Circuíto CorreSan incorpora unha nova carreira saudable na súa segunda edición

14/05/2013

Tras o éxito da primeira edición, volven as carreiras do Circuíto de Carreiras Saudables CorreSan. Desta vez serán cinco as probas a pé organizadas pola Federación Galega de Atletismo coa colaboración da Concellería de Deportes, co obxectivo prioritario de concienciar a grandes e pequenos sobre os beneficios dunha actividade física regular.

Ler máis

FACENDA

O Goberno municipal estuda a baixada do recibo do IBI para o exercicio 2014

14/05/2013

A concelleira de Facenda e Orzamentos, Cecilia Sierra, afirmou o compromiso municipal de "conxelar o baixar" os impostos municipais en 2014. En concreto, dixo, estase a estudar a baixada do tipo impositivo do Imposto de Bens Inmobles (IBI) para o exercicio 2014, o que permitiría unha redución do recibo a pagar polos composteláns.

Ler máis

BENESTAR SOCIAL

Clausurados na Trisca os obradoiros para maiores de 60 anos "Positivíza-T"

14/05/2013

O Centro Sociocultural da Trisca acolleu, coa presenza da concelleira de Benestar Social, María Castelao, a clausura e entrega de diplomas aos participantes nos obradoiros "Positivíza-T: Programa de Prevención do Envellecemento Pasivo", que se viñeron desenvolvendo os días 23 e 30 de abril e 7 e 14 de maio. Foron impartidos polo Equipo de Dinamización Social Urbana Santiago Norte – Servizos Sociais en colaboración co CSC.

Ler máis
Compartir: