NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

Aberto ata o luns 15 o prazo para a presentación de propostas no I Concurso de Proxectos de Publicidade Comercial

09/04/2013

O Concello de Santiago de Compostela, a través da Concellaría de Normalización Lingüística, convocou o I Concurso de Proxectos de Publicidade Comercial, baixo o lema "Brilla con novas ideas, en galego". Trátase dunha iniciativa pioneira coa que persegue achegar un incentivo para a galeguización tanto das empresas como dos establecementos comerciais e hostaleiros da cidade, ao mesmo tempo que pretende engadir valor e rendemento ás iniciativas publicitarias a través da intervención dos profesionais da...

Ler máis

EDUCACIÓN

Recepción a un grupo de escolares alemáns

09/04/2013

As concelleiras de Educación, María Castelao, e de Xuventude, Rebeca Domínguez, recibiron un grupo de 15 alumnos e alumnas do instituto Grimmelshausen Gymnasium, de Gelnhausen (Alemaña).

Ler máis

CULTURA

Sons’13 trae a Pedro Guerra ao Principal

09/04/2013

O cantautor Pedro Guerra trae ao Teatro Principal as cancións dos seus 30 anos na profesión dentro do ciclo Sons’13. Será o domingo 14, ás 20:30 horas. As entradas están á venda a 15 euros (13 euros no anfiteatro).

Ler máis

DEPORTES

Seguen as obras de acondicionamento do ximnasio do Estadio de San Lázaro

09/04/2013

O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, visitou a obras de acondicionamento e mellora que se están a realizar no ximnasio do Estadio de San Lázaro. Con esta actuación, o Concello contará cun novo espazo multideportivo para as entidades deportivas da cidade. As obras rematarán nun prazo non superior a un mes.

Ler máis
Compartir: