DEPORTES

Chamamento aos afeccionados para que apoien ao Club Waterpolo Santiago nos partidos definitivos pola Liga Galega

26/04/2013

O concelleiro de Deportes, Adrián Varela, presentou o segundo partido do play off final da Liga Galega de Waterpolo entre o Club Waterpolo Santiago e o Club Waterpolo Galaico Pontevedra, que se disputará este sábado 27 de abril, ás 18:30 horas, na piscina municipal de Santa Isabel. De gañar este partido os composteláns, disputarían o terceiro e último partido tamén na casa.

Ler máis

URBANISMO

O Concello segue axilizando os trámites urbanísticos e incorpora tres novos procedementos a través de Internet

26/04/2013

A concelleira de Urbanismo, María Pardo, deu conta da incorporación de tres novos trámites urbanísticos á Carpeta Cidadá da web municipal. Trátase das comunicacións de obras menores en establecementos, da apertura deses establecementos e dos cambios de titularidade. Ademais, os cidadáns poderán facer uso a través da web dun mapa cartográfico que lles permitirá saber se están en condicións, pola situación da parcela, de utilizar o procedemento de comunicación previa.

Ler máis

EDUCACIÓN E NORMALIZACIÓN LINGÜÍSTICA

"En galego con todas as letras", unha celebración creativa do 17 de maio no Toural

26/04/2013

As concellerías de Normalización Lingüística e de Educación convocan varias actividades con motivo do Día das Letras Galegas 2013, o xoves 17 de maio: un fotocol, un obradoiro creativo e un concerto. Esta xornada, titulada En galego con todas as letras e dirixida a nenos, mozos e familias, desenvolverase na praza do Toural.

Ler máis

XUVENTUDE

Comezaron no Ensanche as I Xornadas de Emprendemento e Promoción do Emprego

26/04/2013

As I Xornadas de Emprendemento e Promoción do Emprego Os xoves emprende, organizadas polo Concellería de Xuventude e Junior Empresa de Santiago (Jemsa), comezaron no Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal do Ensanche cunha sesión sobre creatividade, innovación e análise do mercado, dirixida polo coacher laboral Iván Castiñeiras. Tamén se celebrou unha mesa redonda con mozos emprendedores.

Ler máis

ALCALDÍA

Un ciclo de conferencias aborda no CERSIA os principais retos do municipalismo

26/04/2013

O alcalde compostelán, Ángel Currás, asistiu á inauguración do ciclo de conferencias 25 anos de municipalismo: presente, pasado e futuro da administración local, organizado pola Federación Galega de Municipios e Provincias (FEGAMP) e que se celebra os días 26 e 27 de abril no edificio CERSIA, en San Lázaro. No acto tamén participaron o vicepresidente da Xunta e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda; o presidente da FEMP, Íñigo de la Serna; e o...

Ler máis

CENTROS SOCIOCULTURAIS

O Centro Sociocultural da Trisca celebrou o seu décimo aniversario

26/04/2013

Este venres 26 de abril cumpríronse 10 anos dende a inauguración e posta en marcha do Centro Sociocultural da Trisca, emblemático e moderno edificio deseñado polos arquitectos Jonh Hejduk, Antonio Sanmartín e Elena Cánovas. Para celebralo, a Concellería de Centros Socioculturais, en colaboración coas entidades do barrio, está a desenvolver un completo programa de actividades.

Ler máis
Compartir: