ALCALDÍA
Un modélico edificio de vivendas en Fontiñas fará posible a vida activa das persoas con discapacidade
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, visitou o edificio de vivendas que a Confederación Galega de Persoas con Discapacidade (Cogami) puxo en marcha hai mais de ano e medio na rúa Dublín, en Fontiñas. Acompañárono nesta visita o presidente da entidade, Anxo Queiruga, e o secretario da mesma, Ignacio Rodríguez.
CULTURA
Cine, teatro e moita música na programación cultural de febreiro
A concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, e o director-xerente do Auditorio, Paulo Rodríguez, presentaron en Raxoi a programación cultural do mes de febreiro en Compostela, cunha variada oferta de cinema, teatro, arte e música.
COMERCIO
Ábrese o prazo de preinscrición no III Compostela Outlet
O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, presentou a III Feira de comercio polo miúdo, Compostela Outlet, que se celebrará o 14 e o 15 de marzo no Recinto Feiral de Amio. Este edición increméntase a superficie de venda subvencionada e ofrécese aos comerciantes a posibilidade de ter postos máis grandes.
TURISMO
Santiago, entre as sete cidades fundadoras da Asociación Española de Turismo Gastronómico
Turismo de Santiago asinou no marco de Fitur un protocolo de colaboración para a creación da Asociación Española de Turismo Gastronómico, que tamén foi asinado por Cambrils, Xixón, Lanzarote, Lleida, San Sebastián e Valladolid.
TRANSPORTES
Carlos Nieves mantivo un encontro coa ministra Elena Salgado no transcurso dun seminario en Guimaraes
O concelleiro de Transportes e Mercados, Carlos Nieves, que se atopa na cidade portuguesa de Guimaraes participando no Seminario "Cooperación Transfronteiriza de Segunda Xeración", aproveitou para reunirse coa ministra das Administracións Públicas, Elena Salgado, coa que comentou os próximos proxectos transfronteirizos que se van abordar dende a plataforma do Eixo Atlántico e que afectan dun xeito relevante a Santiago.