CULTURA

Unhas 4.000 persoas viviron de preto o clown e a música na primeira fin de semana do Festival dos Abrazos

04/08/2008

O circo e a música foron os protagonistas da primeira fin de semana do Festival dos Abrazos, organizado pola concellaría de Cultura e a Consellería de Cultura da Xunta. O Festival encheu de xente as prazas do Toural, da Pescadería Vella, da Quintana e de San Martín Pinario, así como a rúa Vía Sacra, a Zona "C" e a igrexa de Santa María do Camiño, onde Emilio Cao achegou a arpa celta a unhas 300 persoas, coas súas intervencións de 40 minutos Co mar no meu peto.

Ler máis
Compartir: