ALCALDÍA

A bo ritmo as obras do aparcadoiro da Choupana e a piques de rematar as do SUNP-4 das Cancelas

29/08/2008

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, visitou algunhas das obras máis importantes en marcha nestes intres da cidade. Así, pasou en primeiro lugar polo aparcadoiro da Choupana, cuxas obras avanzan a bo ritmo. Logo, inspeccionou as obras de urbanización do SUNP-4 do Camiño Francés, onde se construirá a grande área comercial das Cancelas. Entre medias, pasou por Galeras para proceder á apertura ao tráfico da rúa de Domingo García Sabell.

Ler máis

CULTURA

A Charanga de Circolando e a aperta musical de Aló Irmao e Pesdelán pechan o Festival dos Abrazos

29/08/2008

O Festival dos Abrazos chega o domingo 31 ao seu fin coa proposta conxunta que ofrecerán ás 22:30 horas na praza da Quintana Aló Irmao e Pesdelán. Aló Irmao, encontro creativo dun dos artistas máis sorprendentes do actual panorama musical de Galicia, Fran Pérez Narf co guitarrista e cantante africano Manecas Costa, compartirá escenario con Guadi Galego, Uxía Cribeiro, Montse Rivera, Mercedes Prieto, Xan Pampín, Carlos Freire e Miguel Flores, Pesdelán, colectivo que se propón recuperar a cultura participativa...

Ler máis

PROMOCIÓN ECONÓMICA

A Asociación Cadabullo visita as instalacións de Promoción Económica

29/08/2008

A Asociación ourensá Cadabullo, dedicada á promoción Social de persoas con dificultade de Patoloxía Dual Psíquica, visitou as instalacións da Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo. O obxectivo da visita era coñecer os proxectos de intermediación e inserción laboral que desenvolve o departamento, os recursos físicos cos que conta e os servizos que presta á cidadanía.

Ler máis
Compartir: