COMERCIO

Case 16.000 visitantes consolidan Compostela Outlet

28/04/2008

Un total de 15.873 persoas visitou a segunda feira de saldos que se celebrou en Santiago, Compostela Outlet 2008, organizada pola Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo no marco do programa de actividades, Marzo, mes do comercio.

Ler máis

ALCALDÍA

Santiago acolle unha reunión da Comisión de Cultura da Conferencia de Cidades do Arco Atlántico

28/04/2008

Na xornada previa á celebración do Buró Executivo da Conferencia de Cidades do Arco Atlántico (CCAA), representantes das cidades de Avilés, Vigo, Limoges, Nantes, Bordeaux, Gijón, Rennes, Lorient, Porto e Santiago reuniranse na Sala Circular do Auditorio de Galicia para decidir as temáticas que formarán parte dunha exposición itinerante que a CCAA vai organizar en colaboración co Museo de Europa.

Ler máis
Compartir: