ALCALDÍA

Os nenos foron xornalistas e concelleiros por un día

23/04/2008

Dentro dos actos programados con motivo da Xornada de portas abertas, o Concello acolleu uns particulares e miúdos protagonistas, os nenos, que fixeron de improvisados xornalistas primeiro, e de comprometidos concelleiros despois, nun concorrido Pleno infantil.

Ler máis

CONSORCIO

Unha oportunidade para coñecer a cidade a través da literatura infantil

23/04/2008

O alcalde compostelán e presidente do Consorcio, Xosé A. Sánchez Bugallo, presentou os libros infantís A rebelión das rúas, de Ana Boullón e Pere Tobaruela, e Hora de comer, de Miguel Vila. Son os números 3 e 4 da colección Branco de Cores, que coedita o Consorcio con Sotelo Blanco. Ambos están ilustrados por Andrés Meixide.

Ler máis

BENESTAR SOCIAL

Entréganse os premios do Concurso de ideas sobre corresponsabilidade familiar nas tarefas domésticas

23/04/2008

O Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche acollerá o xoves 24 de abril, ás 11:15 horas, a entrega de premios do Concurso de ideas sobre corresponsabilidade familiar nas tarefas domésticas, convocado pola Concellería de Benestar Social e Muller. Este é un certame dirixido a alumnos do primeiro ciclo da ESO e pretende que reflexionen sobre o reparto de tarefas no fogar.

Ler máis

MOCIDADE

Mocidade presenta na Capitol o certame "Músicaxove´08", coa música dos galegos Triángulo de Amor Bizarro e Nadadora

23/04/2008

A Concellaría de Mocidade presenta o I Certame Músicaxove’08. MÚSICAXOVE´08. A cita será o xoves 24, ás 22:00 horas, na Sala Capitol, e contará coa colaboración do coñecido locutor dos 40 Principais de Compostela Gabi Davila. No concerto participarán dous grupos galegos xa recoñecidos no panorama musical español, como son Triángulo de Amor Bizarro e Nadadora.

Ler máis
Compartir: