ALCALDÍA

Piñor alberga xa o segundo punto limpo da cidade e incorporará un sistema pioneiro de aproveitamento enerxético do biogás

11/04/2008

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez, inauguraron na xornada o novo punto limpo co que conta a cidade de Santiago. Está ubicado en Piñor, na parroquia de Figueiras, e trátase do segundo equipamento destas características na cidade, trala posta en funcionamento en abril de 2007 do punto limpo situado no polígono do Tambre. Unha vez selado o vertedoiro, incorporará como novidade un sistema para recuperar o biogás e transformalo en electricidade.

Ler máis

COMERCIO

Comeza a segunda parte das conferencias sobre comunicación e innovación para o pequeno comercio

11/04/2008

A Fundación Caixa Galicia (rúa do Vilar, 19) acollerá entre o 14 e o 18 de abril a segunda parte do ciclo Conferencias sobre Comunicación e Innovación para o pequeno comercio, organizadas pola Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo no marco do conxunto de actividades de Marzo, mes co Comercio. Este segundo bloque componse de cinco charlas gratuitas impartidas por expertos en cada unha das temáticas que se van abordar.

Ler máis

CULTURA

Bota a andar Compostela Máxica 2008

11/04/2008

Compostela Máxica 2008. II Semana Internacional do Ilusionismo comeza o sábado 12 para goce de todos os que gostan da ilusión, da maxia e do ilusionismo. Será cunha gran gala que, aínda que inicialmente estaba previsto celebrarse na Praza da Quintana, tivo que trasladarse ao Teatro Principal, por motivos meteorolóxicos.

Ler máis
Compartir: