CULTURA

Cámara Negra xulga o "Brand" de Ibsen cos ollos do século XXI

11/03/2008

A compañía teatral Cámara Negra escolleu o Teatro Principal para estrear o seu novo traballo, Brand, unha versión libre da peza teatral de Henrik Ibsen. Dúas oportunidades, o 12 e o 13 de marzo, para ser testemuña da austera e experimental proposta escénica desta compañía.

Ler máis

PROMOCIÓN ECONÓMICA E MEDIO AMBIENTE

Listo para abrir ao publico o primeiro tramo rehabilitado das marxes do Sarela

11/03/2008

O 14 de marzo ábrese ao público o primeiro tramo das marxes do río Sarela rehabilitado polos 60 alumnos do Obradoiro de Emprego Compostela Natural, que desenvolven a Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo e a de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostíbel. A primeira fase das obras corresponde á rexeneración do cauce e apertura dun paseo á beira do río de 400 metros de longo por 1,35 de ancho, entre a igrexa do Carme de Abaixo e Rueiro de Figueiriñas. Ponse así en valor as...

Ler máis

COMERCIO

Comenzan as actividades de animacion na rúa de "Marzo, mes do comercio"

11/03/2008

O mércores, 12 de marzo, comenzan as actividades de animación na rúa con malabares e zancudos que se desenvolverán no marco de Marzo, mes do comercio, organizado pola Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo. Durante as catro representacións está previsto repartir 4.000 folletos informativos explicando o conxunto de accións deseñadas baixo este lema co obxectivo de dinamizar o sector comercial e darlle ao comercio o protagonismo que lle corresponde na vida económica e social de...

Ler máis
Compartir: