MOBILIDADE

A páxina web municipal axilizará as solicitudes de paso e parada

26/02/2008

Unha nova ferramenta informática facilitará que calquera cidadán poida facer a súa solicitude de paso e parada a través da páxina web municipal. Cun simple clic, accederase a un sinxelo formulario que permitirá xestionar a petición dende a Concellería de Mobilidade.

Ler máis

CULTURA

Music-Walk presenta no Teatro Principal "Four Walls"

26/02/2008

O festival SCQ danza, celebra o seu segundo acto o 27 e o 28 de febreiro no Teatro Principal con Four Walls (Encontrando a Cage), a cargo de Music-Walk. O espectáculo foi presentado polo concelleiro de Cultura, Néstor Rego, e polos creadores da mesma, Nicasio Gradaille e Olga Cameselle.

Ler máis

COMERCIO

Promoción Económica organiza dez conferencias sobre comunicación e innovación para o pequeno comercio

26/02/2008

A Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo organiza as Conferencias sobre Comunicación e Innovación para o pequeno comercio. Son dez charlas gratuitas que se desenvolverán baixo o lema Marzo, mes do Comercio. Impartidas por expertos en cada unha das temáticas que se van abordar, estarán abertas ás persoas interesadas. O xoves 28 de febreiro comenzaránse a repartir entre os comerciantes 3.000 dípticos co programa das xornadas, que tamén se pode consultar na web da Concellaría ...

Ler máis
Compartir: