ALCALDÍA

Listo o proxecto técnico do terceiro carril do Periférico

18/01/2008

O Dirección Xeral de Estradas do Ministerio de Fomento xa ten listo o proxecto do que será o terceiro carril do Periférico. Así o anunciou o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, quen se felicitou porque tamén saia adiante o cuarta das infraestruturas previstas no convenio asinado con Fomento en 2005.

Ler máis

CENSO

Ábrese o prazo para consultar as listas do censo

18/01/2008

As listas do censo estarán expostas ao público dende o día 21 ao 28 de xaneiro. Os cidadáns deben consultar a súa situación no censo electoral, especialmente as persoas que cambiaron de domicilio e os que cumpriron 18 anos.

Ler máis

CULTURA

Ditea representa no Principal a derradeira función de "Melocotón en xarope"

18/01/2008

O grupo de teatro afeccionado máis antigo de Galicia despide a montaxe coa que leva dous anos e medio de xira e máis de trinta funcións. O pano do Teatro Principal poralle o punto final a Melocotón en xarope, a tradución da obra de Miguel Mihura coa que Ditea celebra o seu cincuentenario. Será o sábado 19 ás 21:00 horas.

Ler máis

ALCALDÍA

Melilla propón irmandarse con Santiago

18/01/2008

Aproveitando a súa presenza en Santiago con motivo do irmandamento entre os colexios da avogados de Santiago e Melilla, o vicepresidente da Cidade Autónoma de Melilla, Abdelmaik El Barkani, propúxolle ao alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, o irmandamento entre as dúas cidades.

Ler máis

TURISMO

A cociñeira Carme Ruscalleda inaugurará o Fórum Gastronómico Santiago’08

18/01/2008

A sesión inaugural do Fórum Gastronómico Santiago’08 contará coa participación da prestixiosa cociñeira Carme Ruscalleda. Responsable do restaurante Sant Pau en Sant Pol de Mar (Barcelona), Ruscalleda protagonizou unha fulgurante carreira ao longo dos últimos vinte anos que a levou a obter tres estrelas Michelin polo seu establecemento catalán e dous polo seu restaurante de Tokio.

Ler máis
Compartir: