CULTURA

Lied e cine mudo na programación cultural de setembro

05/09/2007

Un Ciclo de Cine Mudo con música en directo e o VIII Ciclo de Lied son algúns dos eventos máis destacados da programación cultural do mes de setembro, presentada polo concelleiro de Cultura, Néstor Rego. Todo isto acompañado de teatro galego e exposicións.

Ler máis

PROMOCIÓN ECONÓMICA

Péchase o prazo de inscrición no Curso de especialista en asistencia persoal

05/09/2007

O xoves 6 de setembro remata o prazo inscrición no Curso de especialista en asistencia persoal, enmarcado no Proxecto Persoa III, que desenvolve a Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo. O programa ten como obxectivo promover a integración laboral de desempregados a través da súa participación nun proceso integral de inserción (formación, prácticas en empresas e apoio á colocación) en ocupacións consideradas como novos xacementos de emprego. A actividade formativa, da que...

Ler máis

CONSORCIO

O Consorcio de Santiago prorroga ata o 31 de decembro a mostra "Santiago dC"

05/09/2007

O Consorcio de Santiago decidiu prorrogar ata o 31 de decembro a exposición que, co título de "Santiago dC", está aberta na sede do antigo Banco de España. Este período de ampliación coincidirá deste xeito coa cesión definitiva do edificio por parte do Ministerio de Economía e Facenda ao Consorcio o 1 de xaneiro de 2008.

Ler máis
Compartir: