URBANISMO
O planeamento urbanístico será dixitalizado e posto a disposición dos cidadáns
Santiago de Compostela foi elixido por Red.es, entidade dependente do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, para participar nun proxecto piloto para introducir as tecnoloxías da comunicación na xestión urbanística municipal. Esta iniciativa permitirá que calquera cidadán poida acceder de xeito doado ao planeamento municipal, que será dixitalizado.
PLENO
O novo regulamento do Pleno potenciará a participación e creará un rexistro público de bens dos concelleiros
A concelleira de Réxime Interior, Rosa Fernández Somoza, presentou o proxecto de Regulamento Orgánico Municipal de Funcionamento do Pleno do Concello de Santiago de Compostela. O novo documento facilitará a participación cidadá e a transparencia na xestión do Goberno.
ALCALDÍA
Tragsa celebra en Compostela o seu 30 aniversario
O Grupo Tragsa escolleu o Pazo de Congresos e Exposicións para celebrar o seu 30 aniversario. O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, deulle a benvida aos participantes nesta convención.
ALCALDÍA
O novo director do Aeroporto de Lavacolla confía en superar a cifra anual dos dous millóns de pasaxeiros
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibiu ao novo director do Aeroporto de Lavacolla, Luis Rey Pomar. Na xuntanza abordáronse algúns dos temas de actualidade que afectan á terminal e ratificouse a intención de seguir colaborando estreitamente para consolidar a Santiago no mercado aeroportuario español e internacional.
CULTURA
Inaugurada a mostra "1.388.253 puntos", de Mauro Trastoy, na Zona C
No Espazo de Creación Múltiple Zona C (San Domingos de Bonaval), o concelleiro de Cultura, Néstor Rego, inaugurou a exposición de Mauro Trastoy "1.388.253 puntos", nun acto no que tamén estivo presente o artista.
ALCALDÍA
Representantes de universidades de Europa e América debaten en Santiago sobre o acceso laboral dos graduados
O Grupo Compostela de Universidades celebra en Santiago a súa XIII Asemblea Xeral. O xoves 20 e o venres 21, no Centro de Estudos Avanzados (Finca Vista Alegre), os membros deste colectivo estudan a traxectoria dos universitarios dende antes de acceder á carreira ata a súa inserción no mercado laboral. Dentro do programa da Asemblea estaba unha visita a Raxoi, onde os participantes foron recibidos polo alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo.
ALCALDÍA
"Con dedos de silencio": Compostela como inspiración
O Centro Comercial Compostela acolle ata o 22 de setembro a exposición "Con dedos de silencio", do compostelán Germán Martínez Souto. O alcalde visitou a mostra deste artista, que ten como inspiración as rúas e prazas da cidade.
TURISMO
A Secretaría de Turismo propón aos municipios galegos crear entes mixtos de xestión turística
Santiago de Compostela, A Coruña, Lugo, Ourense, Sanxenxo, Fisterra e Cuntis poderían ser algúns dos municipios pioneiros en sumarse á proposta da Secretaría General de Turismo para a creación e mellora de entidades público-privadas de xestión da actividade turística local.
COMERCIO
O 26 de setembro remata o prazo para que os comerciantes se inscriban no Concurso de Escaparatismo
O 26 de setembro remata o prazo para inscribirse na edición de outono do Concurso de Escaparatismo SCQ Shopping 2007. A Concellaría de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo xa remitiu as bases do certame aos aproximadamente 2.500 comercios que existen en Santiago.
CULTURA
Miah Persson debuta en España como solista no segundo concerto do Ciclo de Lied
Tralo éxito do concerto inaugural dedicado a Shakespeare o 11 de setembro, continúa no Teatro Principal o ciclo de Lied de Santiago de Compostela que organiza a Concellaría de Cultura en colaboración coa S.A. de Xestión do Plan Xacobeo e a Asociación Galega da Lírica. A soprano Miah Persson é a protagonista deste segundo concerto que comezará ás 21 horas do venres 21 de setembro no Principal.