COMERCIO

Bandas acreditativas para os mellores escaparates do verán

26/07/2007

O concelleiro de Promoción Económica, Emprego, Comercio e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, entregou as súas bandas acreditativas aos tres premiados na edición de verán do IV Concurso Municipal de Escaparatismo "SCQ Shopping". Belén Mosquera, Enjabonarte e Media Lúa foron os comercios galardoados.

Ler máis

FESTAS

O alcalde anima aos máis pequenos a seguir exaltando o traxe galego durante moitos apóstolos

26/07/2007

As Festas do Apóstolo viviron unha das súas citas máis tradicionais coa celebración do Día do Traxe Galego. Por vixésimo novena edición, as rúas da zona histórica enchéronse de xente ataviada co traxe e que participou activamente nas citas programadas. A recepción de honra no Concello foi especialmente numerosa e tivo nos máis cativos ás estrelas principais. O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e a presidenta da Asociación do Traxe Galego, Pilar Domínguez,...

Ler máis

PLENO

A recuperación da antiga papeleira de Brandía permitirá completar a oferta hoteleira da cidade con servizos vinculados á auga

26/07/2007

O Pleno municipal aprobou definitivamente o Plan especial de protección e rehabilitación do conxunto fabril da antiga papeleira de Brandía, en Vidán. "Este proxecto vén a completar a oferta hoteleira de calidade na nosa cidade, ofrecendo servizos agora moi demandados, vinculados á utilización da auga como elemento terapéutico e de ocio", indicou a concelleira de Urbanismo e Vivenda, Mercedes Rosón.

Ler máis

FESTAS

Preto de 300 músicos percorrerán as rúas do Casco Histórico na XXIX Homenaxe ás Bandas Populares

26/07/2007

A XXIX Homenaxe ás Bandas Populares presentouse nunha rolda de prensa na que estiveron presentes o concelleiro de Mocidade e Festas, Xosé Baqueiro; o organizador da xornada, Xosé Luis Bernal (Farruco); e a representante da Fundación Caixa Galicia, patrocinadora deste día, Patricia Maceira. O cartel desta edición foi deseñado por Xosé Miguel Tomé, que representa a época ténebre da súa última obra.

Ler máis
Compartir: