ALCALDÍA

O Concello celebra a Xornada de portas abertas

19/04/2007

O venres 20 de abril o Concello de Santiago abre as súas portas ás asociacións, colexios, cidadáns ou turistas que desexen coñecer un pouco máis de preto a sede da institución. Ademais da celebración dun pleno infantil no que participará alumnado de numerosos colexios composteláns, este ano o alcalde, Xosé Sánchez Bugallo, exercerá de anfitrión daqueles visitantes que queiran coñecer o Concello da súa man. Todas as persoas ou organizacións que desexen participar na xornada...

Ler máis

EDUCACIÓN

"O son das cousas": unha obra de teatro grande para xente pequena

19/04/2007

Alumnos de 3, 4 e 5 anos asistirán os días 24 e 25 de abril a unha singular proposta teatral: "O son das cousas". Esta representación de Sapristi Teatro transita nun xogo escénico construído a partir de pequenas situacións arredor dos sons da vida. Non hai texto falado, falan os sons.

Ler máis

CULTURA

A banda deseñada será a protagonista das II Xornadas da Francofonía

19/04/2007

A Facultade de Filosofía e a Aula de Cultura de Caixa Galicia acollen as II Xornadas da Francofonía do 23 ao 26 de abril, este ano dedicadas á banda deseñada. A Concellería de Cultura colabora con este evento, organizado pola Facultade de Filoloxía, polo Centro de Linguas Modernas da Universidade de Santiago, pola Alianza Francesa, pola Asociación de Profesores de Francés de Galicia e pola Escola Oficial de Idiomas de Santiago.

Ler máis

UMAD

O xuíz de menores Emilio Calatayud dará unha charla a mozas e mozos composteláns

19/04/2007

Emilio Calatayud, xuíz titular do Xulgado de Menores número 1 de Granada, coñecido polas súas sentenzas educativas, estará en Santiago de Compostela o venres 20 de abril. Ás 10:15 horas será recibido polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, no Pazo de Raxoi, e a continuación, entre as 11:00 e as 12:30 horas, ofrecerá na Aula Sociocultural de Caixa Galicia (rúa Carreira do Conde) unha charla sobre os dereitos e deberes dos novos no ámbito da Lei do Menor.

Ler máis

RELACIÓNS VECIÑAIS

Homenaxe aos presidentes da asociacións de veciños "Raigame" e "Ponte Sionlla"

19/04/2007

Xaquín Mato Castro, presidente da asociación "Raigame" do Ensanche, e María Cruz Vázquez Veiga, máxima responsable da asociación "Ponte Sionlla" de Enfesta, serán homenaxeados polo Concello de Santiago, nunha cea presidida polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, o venres 20, ás 21:30 horas, no restaurante Castro (lugar de Formarís).

Ler máis
Compartir: