SERVIZOS SOCIAIS

Continúa o I Torneo de Futbol-Sala Fontiñas

11/04/2007

Estase a celebrar no barrio de Fontiñas o I Torneo de Futbol-sala impulsado polo equipo do Proxecto "Educación de rúa". Trátase dunha das actividades pertencente ao Programa de intervención familiar, que ofrece novas alternativas para o tempo libre que fomentan a construción de criterios racionais, partindo dos intereses e inquietudes dos mozos e mozas.

Ler máis

CASCO HISTÓRICO

Compostela recibiu o Premio Nacional de Cidades Patrimonio da Humanidade

11/04/2007

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recolleu das mans da ministra de Cultura, Carmen Calvo, o Premio Nacional 2005 de Cidades Patrimonio da Humanidade. Fíxoo no transcurso dun acto celebrado na Deputación Provincial de Cádiz, no que se entregaron os galardóns das edicións 2005 e 2006.

Ler máis

AUDITORIO

Maximino Zumalave dirixe de novo á Real Filharmonía de Galicia

11/04/2007

Logo da paréntese da Semana Santa, o Auditorio de Galicia énchese de novo coa música da Real Filharmonía, cun concerto de marcado sabor galego. Ademais do director, o compostelán Maximino Zumalave, a música remitirá ao pasado mítico de Galicia, coa "Fantasía Celta", do compositor José Vicente Egea. O programa complétase cunha Sinfonía de Carl Maria von Weber e coa "Suite Checa" de Dvorak.

Ler máis

MERCADOS

O Mercado de Gando de Santiago consolídase como o de maior peso económico de España

11/04/2007

O concelleiro de Promoción Económica e Mercados, Xosé Manuel Iglesias, presentou a memoria do ano 2006 do Mercando Nacional de Gando. O ano pasado pasaron polo recinto de Amio 150.179 cabezas de gando, cun valor económico de 61.417.364 euros. Esta cifra manteno coma o mercado de maior peso económico de Galicia e de España, por diante dos de Pola de Siero e Torrelavega, e un centro de referencia a nivel europeo.

Ler máis

CULTURA

Cultura convoca o V Premio Auditorio de Galicia para novos artistas

11/04/2007

O concelleiro de Cultura, Néstor Rego, e o director xerente do Auditorio de Galicia, Pablo Rodríguez, presentaron a quinta edición do Premio Auditorio de Galicia para novos artistas. Como novidades desta edición, hai que resaltar o aumento nas contías económicas dos premios, así como que a obra gañadora será exposta, ademais de na sala de exhibición Isaac Díaz Pardo do Auditorio, na sede da Fundación Feima en Madrid.

Ler máis
Compartir: