ALCALDÍA

Homenaxe aos represaliados da USC entre 1936 e 1940

14/03/2007

A Universidade de Santiago (USC) rendeu homenaxe aos profesores, estudantes e persoal represaliados entre 1936 e 1940. O acto celebrouse no Paraninfo da Universidade, na Facultade de Xeografía e Historia, e consistiu na entrega aos familiares dunhas medallas conmemorativas.

Ler máis

CULTURA

O finés Tuomas Ollila dirixe á Real Filharmonía de Galicia

14/03/2007

O prestixioso director finés Tuomas Ollila chega ao Auditorio para dirixir á Real Filharmonía de Galicia nun concerto de corda en compañía do violoncellista italiano Mario Brunello. O programa estará composto polo "Tríptico Botticelliano", de Respighi; "Concerto para violoncello", de Rota; "Pavana para unha infanta defunta", de Ravel; e "Sinfonietta", de Poulenc. A cita é o xoves 15, ás 21:00 horas, no Auditorio de Galicia.

Ler máis

PROMOCIÓN ECONÓMICA

Nacen tres novas empresas no marco do Proxecto Equal Compostela Social

14/03/2007

O concelleiro de Promoción Económica e Emprego, Xosé Manuel Iglesias, presentou tres novas empresas creadas a través do Proxecto Equal Compostela Social. Son Alicerce, que ofrece servizos innovadores na planificación e divulgación do Patrimonio Cultural, Atalaia.Social, que realiza proxectos socioeducativos, e a galería e tenda de arte Petronio, na que tamén se imparten talleres de formación.

Ler máis

CULTURA

O Teatro Principal proxecta o documental "A derradeira lección do mestre"

14/03/2007

Continuando cos actos da recuperación da memoria histórica, a Concellaría de Cultura proxectará xoves 15 no Teatro Principal, ás 20:00 horas e con entrada de balde, o documental "A derradeira lección do mestre", en colaboración coa CiG-Ensino e coa Agrupación Cultural O Galo. No acto de presentación participarán o concelleiro de Cultura en Compostela, Néstor Rego, o secretario nacional de CIG-Ensino, Anxo Louzao, e o responsable desta peza documental, Xoán Carlos Garrido.

Ler máis

ALCALDÍA

Sánchez Bugallo reunirase co colectivo emigrante de Bos Aires e Montevideo

14/03/2007

O alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, emprende o xoves 15, unha visita institucional de oito días a Arxentina e Uruguai, durante a cal manterá xuntanzas coa colectividade de emigrantes composteláns. Ademais, asistirá ao I Congreso Técnico Empresarial de Montevideo, que versará sobre o futuro dos emprendedores galegos no exterior.

Ler máis
Compartir: