INFRAESTRUTURAS

O alcalde constata a boa disposición do ADIF respecto ao proxecto da estación do AVE

08/02/2007

Xosé A. Sánchez Bugallo expresou a súa satisfacción polo resultado da reunión mantida en Madrid, o luns 5 de febreiro, con representantes do Ministerio de Fomento, do Administrador de Infraestruturas Ferroviarias (ADIF) e de Política Territorial. O alcalde destacou que "estamos no bo camiño", xa que por primeira vez, o ADIF amosouse disposto abandonar o seu proxecto inicial de construír un gran centro comercial enriba da futura nova estación do AVE.

Ler máis

URBANISMO

Medio Ambiente remite o seu informe respecto o PXOM

08/02/2007

A Consellería de Medio Ambiente remitirá o venres 9 o seu informe sobre o Plan Xeral de Ordenación Municipal (PXOM) de Santiago. Polas informacións que afirmou ter o alcalde, Xosé A. Sánchez Bugallo, o pronunciamento será positivo e o departamento autonómico unicamente pedirá algunha aclaración.

Ler máis

PROMOCIÓN ECONÓMICA

O recinto feiral de Amio acollerá un mercado de saldos

08/02/2007

O concelleiro de Promoción Económica e Comercio, Xosé Manuel Iglesias, presentou a convocatoria para que os comerciantes participen de forma gratuita en "Outlet Compostela", a primeira de saldos que se celebra en Santiago; e o microsite sobre o programa de dinamización comercial Marzo, mes do Comercio, no que está incluído o Outlet, e ao que se pode acceder dende a páxina da Concellaría www.maiscompostela.org.

Ler máis

EIXO ATLÁNTICO

O Eixo Atlántico presenta a Axenda Estratéxica 2007-2013

08/02/2007

Os alcaldes dos 18 principais concellos de Galicia e o norte portugués celebran mañá en Vila Nova de Gaia a súa XXIII Asemblea Xeral. As infraestruturas e a Axenda Estratéxica a desenvolver nos próximos sete anos centrarán as sesións de traballo. Nesta xornada, ademais, o Eixo Atlántico cambiará a súa forma xurídica e converterase nunha Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT), a fórmula aconsellada pola UE.

Ler máis
Compartir: