URBANISMO

O Concello recibirá 6,4 millóns de euros e un bloque de vivendas sociais pola cesión de terreos no novo polígono das Cancelas

23/02/2007

O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, vén de asinar un convenio de colaboración co representante da empresa Nasozena, S.L, Juan Carlos Rodríguez Cebrián. O texto asinado en Raxoi establece a concreción do aproveitamento municipal no proxecto de compensación do SUNP-4 (Camiño Francés). En virtude do mesmo, o Concello percibirá case 6,4 millóns de euros e un bloque de vivendas colectivas protexidas.

Ler máis

SEGURIDADE CIDADÁ

Santiago segue a diminuír os seus índices de delincuencia

23/02/2007

"Non creo que sexa motivo para crear alarma social". Así se pronunciou o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, a propósito das roturas dos vidros de cinco escaparates nos últimos días. Indicou que iso non ten que ver cun incremento da delincuencia na cidade, xa que as cifras dos últimos meses, xaneiro incluído, afirman o contrario.

Ler máis

MERCAGALICIA

Mercagalicia aproba as contas de 2006

23/02/2007

O Consello de Administración de Mercagalicia, presidido polo alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, aprobou as contas do exercicio de 2006, durante o cal os ingresos globais ascenderon a 630.704 euros e se gastaron 531.421 euros, co que quedan 99.283 euros de beneficio. Os ingresos supoñen un 18,60% de incremento sobre os obtidos no 2005, mentres que os gastos son o 15,60% superior aos dese mesmo ano.

Ler máis
Compartir: