EDUCACIÓN

Os alumnos do rural aprenden a convivir en paz

02/02/2007

O Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche acolleu un encontro das escolas rurais, dentro da Quincena da Educación pola paz, a convivencia e a solidariedade. A concelleira de Educación, Elvira Cienfuegos, puido compartir uns momentos cos nenos e nenas das escolas de Feáns-Villestro, A Peregrina, Susana-Marrozos, Sisto-Marrozos, Gaioso-Eixo e Rial-Laraño.

Ler máis

DEPORTES

Os afeccionados ao baloncesto teñen unha cita en Sar coa Copa LEB 2

02/02/2007

Despois da Recopa de Europa de fútbol sala, Santiago volve acoller outro acontecemento deportivo destacado. Neste caso a cita é co baloncesto, xa que o Multiusos Fontes do Sar acolle a Copa LEB 2 os días 2 e 3 de febreiro. Os seus participantes foron recibidos en Raxoi por membros da Corporación municipal.

Ler máis

TURISMO

Santiago incrementa a súa presenza nos mercados turísticos internacionais

02/02/2007

O alcalde de Santiago, Xosé A. Sánchez Bugallo, acompañado do concelleiro de Turismo, Francisco Candela, asistiu á Asemblea Extraordinaria do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España (GCPHE), que tivo lugar ás 11 da mañá na sede da Feira Internacional de Turismo de Madrid (Fitur), en Madrid. Trala reunión, arredor das 13.30 h. o GCPHE asinou un convenio de colaboración con RENFE, e pola tarde, outro con Turespaña, que implica o Plan Anual de Actuación 2007.

Ler máis

PROMOCIÓN ECONÓMICA

O Concello pon a disposición do comercio compostelán un servizo de asesoramento

02/02/2007

O alcalde en funcións, Néstor Rego, o concelleiro de Promoción Económica, Xosé Manuel Iglesias, e responsables das asociacións de comerciantes da cidade (Xosé Manuel Bello, presidente de Compostela Monumental, Santiago Rey, Secretario de Acotés, Delmiro Prieto, Secretario do Patronato da Fundación Santiago Centro e Marta Rey, xerente da Praza de Abastos), presentaron o Servizo de Asesoramento ao Comercio (SAC) e as instalacións nas que se ubicará, situadas na rúa do Hórreo, nº 100.

Ler máis
Compartir: